Migración humana

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taxas de migración: positiva (azul), negativa (laranxa), estábel (verde), sen datos (gris)

A migración humana referírese á migración de poboacións de seres humanos, e ten dúas acepcións:

  • unha ampla, que inclúe todos os tipos de desprazamentos dos seres humanos,
  • e outra, máis restrinxida, que só ten en conta aqueles desprazamentos que involucran un cambio de residencia dos que o realizan.[1]

A Organización das Nacións Unidas declarou o 18 de decembro como Día Internacional do Migrante, co obxectivo de promover unha xestión humana e ordenada da migración en beneficio de todos, incluíndo as comunidades de orixe, tránsito e destino [2].

Emigración e inmigración[editar | editar a fonte]

Calquera proceso migratorio implica dous conceptos:

  • Emigración, que é a saída de persoas dun país, lugar ou rexión para establecerse noutro país, lugar ou rexión. A emigración implica unha estimación negativa do nivel de vida dunha persoa e do seu contorno familiar e unha percepción de que ao establecerse noutra parte aumentarán as súas perspectivas económicas, sociais ou doutro tipo ou, polo menos, de que as súas esperanzas dunha vida mellor se farán efectivas no futuro.
  • Inmigración que é a chegada a un país ou lugar de persoas procedentes doutro país ou lugar.

A forma de migración máis importante desde o século XIX até a época actual é a que se coñece como éxodo rural, que é o desprazamento masivo de habitantes desde o medio rural ao urbano: millóns de persoas trasládanse anualmente do campo á cidade en todos os países do mundo (sobre todo, nos países subdesenvolvidos) en busca de mellores condicións de vida e, sobre todo, de maiores oportunidades de emprego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.