Muddy Waters
(1978, Toronto) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de abril de 1913 Rolling Fork, Estados Unidos de América (pt) |
| Morte | 30 de abril de 1983 Westmont, Estados Unidos de América (pt) |
| Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
| Lugar de sepultura | Restvale Cemetery (en) |
| Outros nomes | Muddy Waters |
| Grupo étnico | Afroamericano |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, cantautor, cantante, artista urbano |
| Período de actividade | 1941 |
| Xénero artístico | Blues |
| Instrumento | Guitarra, Harmónica e voz |
| Selo discográfico | Testament Records (en) Chess Records Aristocrat Records (pt) |
| Familia | |
| Fillos | Mud Morganfield, Big Bill Morganfield |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians |
McKinley Morganfield, nado en Rolling Fork (Mississippi) o 4 de abril de 1915 e finado en Westmont (Illinois) o 30 de abril de 1983, máis coñecido como Muddy Waters, foi un cantante de blues estadounidense, considerado o pai do blues de Chicago.
A revista de música Rolling Stone situouno no posto número 17 na lista dos máis grandes artistas de tódolos tempos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Waters foi gravado por primeira vez nunha plantación do delta do Mississippi por Alan Lomax para a Biblioteca do Congreso en 1940. Máis tarde, mudouse a Chicago (Illinois).
Salientou polo seu estilo de tocar a guitarra denominado slide. A súa primeira gravación para Chess Records amosaba a Waters en guitarra e vocais, apoiado por un contrabaixo. Logo engadiría percusión e a harmónica de Little Walter para completar a súa clásica formación de blues. Foron célebres as súas xiras polo Reino Unido nos anos 60.
Finou dun ataque ao corazón mentres durmía, en Westmont, Illinois, o 30 de abril de 1983, e foi soterrado no cemiterio de Restvale, en Aslip, preto de Chicago.
Influencia
[editar | editar a fonte]Muddy Waters influíu en artistas punteiros do rock como Elvis Presley, Chuck Berry, Keith Richards, Eric Clapton ou Jimi Hendrix.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muddy Waters |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Muddy Waters Sings Big Bill (1960)
- Folk Singer (1964)
- Brass and the Blues (1966)
- Electric Mud (1968)
- After the Rain (1969)
- Fathers and Sons (1969)
- The London Muddy Waters Sessions (1972)
- Can't Get No Grindin' (1973)
- 'Unk' in Funk (1974)
- Muddy Water's Woodstock Album (1975)
- Hard Again (1977)
- I'm Ready (1978)
- King Bee (1981)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "100 Greatest Artists". Rolling Stone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2018.