Saxofón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saxofón alto

O saxofón é un instrumento de vento madeira (aínda que o corpo sexa de metal). A súa clasificación débese a que o son se produce ao vibrar a palleta cando pasa o aire por ela e que provén dun instrumento fabricado con madeira (o clarinete). Tamén é chamado saxo ou saxófono.

A familia de saxofóns consta de sete instrumentos, con idéntico duaté.

Características[editar | editar a fonte]

Saxo.jpeg

Divídese en tres partes fundamentais:

  • Corpo: feito de cobre, que a súa vez se divide en tres partes:
    • Corpo, cóbado e campá.
  • Tudel: feito de cobre. Serve de unión entre o corpo e a boquilla.
  • Boquilla: feito de ebonita. Nela, mediante unha abrazadeira únese a palleta (cana).

Foi inventado cara 1840 por Adolphe Sax (1814-1894). O saxofón combina na súa construción a embocadura de palleta simple do clarinete, un corpo metálico unha versión ensanchada do tubo cónico do óboe.

Os saxofóns máis coñecidos son o soprano, o contralto, o tenor e o barítono con unha extensión de dúas oitavas e media, agás o barítono, que posúe un semitón máis. A calidade de timbre vai dende o suave e doce até o ronco e metálico, dependendo da embocadura, da emisión e do saxo que se estea a tocar.

Historia[editar | editar a fonte]

Os saxofóns apareceron por primeira vez na orquestra sinfónica en 1844. Algúns compositores escribiron partes orquestais para eles, como os franceses Hector Berlioz e Georges Bizet. O alemán Richard Strauss usa un cuarteto de saxofóns na súa Sinfonía doméstica (1903). Entre as obras para saxofón solista destaca a Rapsodia (1903) para saxofón orquestra de Claude Debussy e a Fantasía para saxofón e orquestra (1948) de Heitor Villa-Lobos. Na segunda metade do século XX usouno Luciano Berio, Luigi Nono e Pierre Boulez, entre outros.

Nas bandas militares os saxofóns teñen o mesmo papel que os clarinetes. O saxofón fíxose especialmente popular en Estados Unidos por estar moi ligado ao desenvolvemento do jazz.

Instrumentistas modernos[editar | editar a fonte]

Entre os instrumentistas de clásica destaca o francés Marcel Mule. Entre os instrumentistas de jazz destacan Sidney Bechet (soprano), Charlie Parker (contralto), Lester Young, John Coltrane, Coleman Hawkins (tenor) e Gerry Mulligan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]