Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O reino foi formalmente creado en 1212 pola Bula de Ouro de Sicilia, promulgado polo Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Frederico II, promovendo o Ducado de Bohemia á categoría de reino, aínda que algúns dos seus ex-gobernantes gozaron do título non hereditario de rei. O seu primeiro rei foi Otakar I de Bohemia, que deu orixe á dinastía Přemyslid.
En 1251 o rei Otakar II invadiu e incorporou ao reino de Bohemia o Arquiducado de Austria, e en 1261 fixo o mesmo co ducado da Estiria, en 1266 en Eger, en 1269 o ducado de Carintia, a Marca de Carniola e a Marca víndica , tres anos máis tarde conquistou a marca de Friuli. Con todo, Otakar II perdeu en 1278 todos os territorios conquistados tras ser derrotado por Rodolfo I de Habsburgo na batalla de Marchfeld. Eger foi cedida a Bohemia en 1322 por Lois IV de Baviera.
Desde 1356 o reino de Bohemia foi Elector do Sacro Imperio Romano, e formou parte del ata a súa disolución en 1806, por mor das Guerras Napoleónicas. Posteriormente, uniuse ao Imperio Austríaco. En 1867, tras o Compromiso austrohúngaro, o reino de Bohemia, xuntouse á parte austríaca do Imperio Austrohúngaro.
O reino foi disolto no 1918 coa abdicación do último rei bohemio Carlos III, tras o desmembramento do Imperio Austrohúngaro. A Asemblea Nacional de Praga depuxo á dinastía Habsburgo e proclamaron a República de Checoslovaquia.