Ben falado!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ben falado")
Ben falado!
Duración 4 minutos
Presentado por Xesús Ferro Ruibal
Cadea TVG
Páxina web oficial

Ben falado! é un microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Emítese na Televisión de Galicia. A primeira entrega constou de 250 programas durante 2008-2009 e despois emitiunos Correo TV, e a segunda entrega consta de 230 programas que comezaron a emitirse o 7 de xuño de 2010[1]. Tamén se editou un DVD con 82 capítulos da primeira entrega[2].

Obxectivos[editar | editar a fonte]

O programa Ben falado! permite ao telespectador acceder a diversas cuestións lingüísticas:

  • Explicacións de apelidos e topónimos.
  • Curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas.
  • Sentido de ditos e refráns.
  • A lingua na actualidade: nas escolas, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas ou na propia internet.
  • Evolución histórica da lingua.
  • A lingua de hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como a tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogues, o Puntogal, as televisións escolares en galego etc.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]