Ricardo Rodríguez de la Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Rodríguez de la Vega
Rodríguez at 1962 Dutch Grand Prix.jpg
Rodríguez no Gran Premio dos Países Baixos de 1962
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Mexico.svg México
Anos en activo 2 (19611962)
Escudería(s) Ferrari
Grandes Premios disputados 6 (5 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1961
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1962


Ricardo Valentín Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México, México o 14 de febreiro de 1942 e finado en Cidade de México o 1 de novembro de 1962 [1] foi un piloto de carreira mexicano que competiu nas tempadas 1961 e 1962 de Fórmula Un. O seu irmán maior, Pedro, tamén foi un notable piloto de carreiras que tivo moito éxito nas carreiras de autos deportivos e na Fórmula Un.

Persoal[editar | editar a fonte]

Rodríguez naceu na Cidade de México e foi campión infantil de motociclismo na competición nacional con 14 anos. Era o terceiro fillo do matrimonio de Pedro Natalio Rodríguez e Concepción "Conchita" de la Vega, tivo catro irmáns e irmás, Pedro, Federico, Conchita e Alejandro.

Casouse con Sara Cardoso en xullo de 1961, pero non deixou fillos. No verán de 1962, o seu amigo íntimo, Jo Ramírez, acompañaría a Ricardo á súa aventura en Europa.[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

Gañou varios títulos nacionais de motociclismo, antes de pasar a competir en coches de turismos co seu propio Fiat Topolino. En 1957 fixo o seu debut internacional en Riverside, superando a todos os rivais na clase ata os 1.5 litros nun Porsche RS. Logo gañou a súa clase nun Porsche Spyder no Nassau Tourist Trophy. Competiu a miúdo co equipo North American Racing Team (NART) co seu irmán Pedro, aínda que tamén participaría en automóbiles co nome do seu pai.

Negóuselle a participación nas 24 Horas de Le Mans de 1958 porque era demasiado novo (16 anos e 106 días), pero volveu en 1959 para correr cun O.S.C.A. na clase 750cc.. Na edición de 1960 asociouse con André Pilette para lograr o segundo lugar. Aos 18 anos e 133 días de idade, foi o máis novo en subir ao podio de Le Mans.[3]

Rodríguez foi invitado a pilotar en Ferrari no Gran Premio de Italia de 1961,[4] cualificando nun sorprendente segundo lugar, converténdose no piloto máis novo da historia en comezar desde a primeira fila (19 anos e 208 días), un récord que non sería batido ata o Gran Premio de Bélxica de 2016 por Max Verstappen. Na carreira intercambiou o liderado con Phil Hill e Richie Ginther moitas veces, ata que un fallo na bomba de combustible terminou a súa carreira. En 1962 logrou un asento con Ferrari, que o utilizou con moderación tendo en conta a súa idade e inexperiencia. Sempre que foi usado, Rodríguez brillou, logrando o segundo posto no Gran Premio de Pau, o cuarto no Gran Premio de Bélxica de 1962 e o sexto no Gran Premio de Alemaña de 1962. Un ano difícil na Fórmula Un para Ferrari. Tamén gañou a edición de 1962 da Targa Florio con Olivier Gendebien e Willy Mairesse nun Ferrari Dino 246 SP.

Rodríguez considerouse un potencial futuro campión, pero cando quedou sen coche porque Ferrari optou non participar na carreira fora de campionato do Gran Premio de México de 1962 no Circuíto Magdalena Mixhuca de Cidade de México,conseguíu permiso de Maranello para correr nun Lotus 24 con motor Climax, morreu durante o primeiro día da práctica, cando a suspensión da parte traseira do Lotus fallou na temible curva da Peraltada, golpeou as barreiras morrendo instantaneamente. Tiña 20 anos e a súa morte provocou loito nacional en México.

O circuíto Magdalena Mixhiuca da Cidade de México, sde da Fórmula 1, Champ Car, NASCAR México e outras series, foi renomeado en 1973 como Autódromo Hermanos Rodríguez, na súa honra e do seu irmán Pedro.[5] A Scuderia Rodríguez A.C. (unha fundación de amigos e familiares) mantén viva a súa memoria e a do seu irmán. Serve como museo de obxectos de recordo e automóbiles dos Rodríguez, certificándoos, e o seu Secretario Xeral Carlos Jalife publicou a súa biografía en 2006.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON NED BEL FRA GBR ALE ITA
Ret
USA NC 0
1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 NED
Ret
MON
NTS
BEL
4
FRA GBR ALE
6
ITA
Ret
USA RSA 13º 4

Resultados na Fórmula 1 fora de campionato[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 CAP BRX LOM LAV GLV PAU
2
AIN INT NAP MAL CLP RMS
WD
SOL KAN MED DIN OUL
Rob Walker Racing Team Lotus 24 Climax V8 MEX
NTS
RAN NAT

Ricardo Rodríguez nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Num. Coche Cat. Co-piloto Grella Voltas Resultados
Motor Horas
1958 Flag of the United States.svg North American Racing Team 25 Ferrari 500 TR58 S 2.0 Francia José Behra - - Non saíu*
Ferrari 2.0 L4 -
1959 Italia OSCA Automobili 51 OSCA Sport 750TN S 750 Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez 11° 32 Retirado
(Bomba da auga)
OSCA 0.7L L4 5h
1960 Flag of the United States.svg North American Racing Team 17 Ferrari 250 TRI/59 S 3.0 Bélxica André Pilette 310
Ferrari 3.0L V12 24h
1961 Flag of the United States.svg North American Racing Team 17 Ferrari 250 TRI/61 S 3.0 Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez 305 Retirado
(motor)
Ferrari 3.0L V12 23h
1962 Italia SpA Ferrari SEFAC 28 Ferrari Dino 246 SP E 3.0 Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez 32° 174 Retirado
(Caixa de cambios)
Ferrari 2.4L V6 13h

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29. 
  2. Jo Ramírez: Mi vida en Fórmula Uno, book, page 34
  3. Book: Los Hermanos Rodríguez. 2006, page 181
  4. http://www.formula1.com/results/season/1961/660/
  5. "AUTÓDROMO HERMANOS RODRÍGUEZ". f1e.ocesa.com.mx. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 2017-02-02. 
  6. Jalife Villalón, Carlos E. (21 de xuño de 2008). "Scudería Hnos. Rodríguez". www.sportcar.com. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  7. "Le Mans 24 Hours 1958 - Racing Sports Cars". www.racingsportscars.com. Consultado o 2019-06-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]