Atrápame se podes (programa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atrápame se podes
Tipoprograma de televisión
editar datos en Wikidata ]

Atrápame se podes (Agafa’m si pots en IB3, Atrapa’m si pots en À Punt e TV3, Cógeme si puedes en TV Canaria) na TVG é un concurso de televisión español producido por Hostoil, orixinalmente para ETB2.[1][2] Foi estreado o 13 de outubro de 2014, en 2016 en Aragón, en 2017 en Madrid e Baleares, en 2018 na Comunidade Valenciana e Cataluña, en 2020 en Andalucía e en Canarias, en 2021 en Galicia e en 2022 en Estremadura e en Castela-A Mancha.

Na semana do 23 de febreiro de 2015 cumpriu 100 programas e celebrouno repartindo un premio de 1.000€ cada día desa semana. Até a data, o programa repartiu máis de 300.000 € en premios.[3][4]

Atrápame se podes (TVG)[editar | editar a fonte]

2021-2023: Presentador Paco Lodeiro.

O 30 de xullo de 2023 foi o programa 532[5]. Emítese en "prime time" de sábado a mércores, cambiando de concursantes ao remate dos cinco días, quedando o xoves para o Land Rover e o venres para o Luar. No Nadal emítense programas especiais con famosos e os premios van para organizacións benéficas e con grandes audiencias.[6]

Na primeira rolda todos os concursantes achegan puntos á saca común. Na segunda vanse retando un a un escollendo un tema dos propostos (10, 20, 30 e 40 puntos), e queda eliminado o que menos puntos ten. Na terceira compiten dúas parellas con preguntas con dúas opcións, a parella que que atine cinco pasa aos chanzos. Nos chanzos hai que dar a resposta correcta. Se se falla xa non se compite polo bote, pero si polo petisco de 200 €. Son cinco chanzos.

O programa ten moita audiencia, sendo moitos días o máis visto da TVG. Inclúe moitas preguntas de xeografía, cultura e música galega. Xa se fixeron moi repetidas frases de Paco Lodeiro, como "vinte para a seguinte" ou "chanzo arriba".

Atrápame si puedes (ETB2)[editar | editar a fonte]

2014-2023: Presentado por Patxi Alonso e Iñaki Urrutia.

Ao longo da historia do programa fixéronse especiais con famosos como Nerea Garmendia, Julian Iantzi, Carlos Sobera, Gorka Aguinagalde, Jorge Fernández, entre outros.

Atrápame si puedes (Aragón TV)[editar | editar a fonte]

2016-2023: Presentado por Iñaki Urrutia.

Atrápame si puedes (Telemadrid)[editar | editar a fonte]

1027-2023: Presentado por Luis Larrodera e Goyo González.

Nota: O programa estivo fóra de emisión desde o 28 de decembro de 2017 até o 11 de xuño de 2021 e a principios de marzo de 2022 volveuse cancelar sendo substituído por dúas películas durante a sobremesa, sendo unha delas do xénero western. Os programas xa gravados que faltan por emitir emitiraos proximamente La Otra. Con todo, aínda non se concretou nin o día nin o horario para que continúe a emisión en devandita cadea.

Atrápame si puedesː Celebrity[editar | editar a fonte]

O 25 de novembro de 2021 estreouse unha versión do programa para o prime time dos xoves na cadea presentada por Jaime Cantizano con concursantes famosos como Karina, Carmen Alcayde, Carolina Ferre, Fernando Romay, Alba Carrillo, entre outros.[7] Estes programas tamén se emitiron en Canal Sur a partir do 3 de xaneiro de 2022.

2017-2013: Presentado por Jaime Cantizano.

Agafa'm si pots (IB3)[editar | editar a fonte]

2017-2023: presentado por Llum Barrera, Quique Jiménez e Antònia Jaume

Atrapa'm si pots (À Punt)[editar | editar a fonte]

2018-2023: Eugeni Alemany, Carolina Ferre, Óscar Tramoyeres.

Ao longo da historia do programa fixéronse especiais con concursantes famosos como Marta Belenguer, Enrique Arce, Gisela, Ximo Rovira, Carlos Latre, entre outros. Ademais, pola estrea das novas tempadas de L'Alqueria Branca fixéronse especiais con protagonistas da serie como María Maroto, Ferrán Gadea, Carme Juan, Amparo Oltra, Elisa Lledó, Óscar Pastor ou Paco Sarro.

Atrapa'm si pots (TV3)[editar | editar a fonte]

20183-2022: Presentador Llucià Ferrer

Atrápame si puedes (Canal Sur)[editar | editar a fonte]

2020-2023: Manolo Sarriá

Atrápame si puedesː Concursantes TOP[editar | editar a fonte]

O 23 de abril de 2023 estreouse unha versión do concurso na que xogarían cada domingo seis exparticipantes, elixidos entre os mellores que pasaron polo programa desde a súa estrea. Esta versión está presentada por Javier Aguilar.[8]

Canal Sur emite tamén de forma intermitente desde o 3 de xaneiro de 2022 a versión celebrity do programa realizada por Telemadrid e presentada por Jaime Cantizano.

Cogéme si puedes (TV Canaria)[editar | editar a fonte]

2020-2022: Presentador Daniel Calero

Atrápame si puedes (Canal Estremadura)[editar | editar a fonte]

2022: Presentador: Paco Vadillo

Atrápame si puedes (CMM)[editar | editar a fonte]

2022: Presentador: Frank Blanco

Mecánica do programa[editar | editar a fonte]

Primeira rolda[editar | editar a fonte]

Durante a primeira rolda, os 6 concursantes deben responder de maneira individual e durante 30 segundos a preguntas de cultura xeral (Nas dúas primeiras tempadas, os 6 concursantes xogaban en equipo durante 120 segundos). Cada resposta correcta ten un valor de 50 puntos na maioría das comunidades autónomas (Incluíndo no País Vasco, aínda que só durante os primeiros meses de emisión, xa que ao pouco tempo reduciuse a 30 puntos, pero aínda se segue facendo este tipo de xogo no formato da fin de semana). A partir de 2019, no País Vasco, Cataluña (A finais de outubro de 2020), Baleares (A principios de febreiro de 2021) e na Comunidade Valenciana (A partir de setembro do 2021), cada concursante responderá a 7 preguntas de verdadeiro ou falso (hai 3 respostas falsas) acerca dunha temática concreta en 45 segundos. Cada acerto suma 20 puntos (50 puntos en Baleares, Cataluña e a Comunidade Valenciana) e a partir da sétima tempada no País Vasco, o concursante pode conseguir un comodín, que o poderá utilizar a modo de resposta a calquera pregunta nas dúas seguintes roldas, con todo para conseguilo deberá que responder correctamente ás 7 preguntas que se lle expón. Pero en Cataluña a partir do 23 de outubro do 2021, cada concursante só contaba con 5 afirmacións e a diferenza das outras comunidades previamente mencionadas, as afirmacións poden ser todas verdade ou todas mentira ou 1 verdade e 4 mentiras, etc. No País Vasco, desde a novena tempada, realízase a proba “Un contra un” na que cada concursante terá que asociar 5 afirmacións con 2 famosos. Cada famoso terá asociadas 2 afirmacións, e unha das afirmacións non pertence a ningún dos dous famosos.

Segunda rolda[editar | editar a fonte]

Na segunda fase, cada concursante xogará cos puntos que lograron entre todos na primeira rolda (por exemplo, se lograron 300 puntos entre todos, todos xogan de maneira individual con 300 puntos). Deben responder correctamente 5 preguntas de 50, 40, 30, 20 e 10 puntos de 6 opcións posibles (Até febreiro de 2015, eran 3 preguntas con valor de 30, 20 e 10 puntos de 4 opcións posibles pero a partir do mesmo mes eran 4 preguntas de 40, 30, 20 e 10 puntos con 5 opcións), a partir da terceira tempada inclúense preguntas con música, pero só as pode responder un concursante. Desde o 23 de outubro do 2021, en Cataluña, só se fan 4 preguntas con 5 opcións de resposta e as preguntas adoitan ser de música. Ao final da rolda, o participante con menos puntos acumulados queda eliminado. En caso de empate, decídese mediante unha morte súbita na que cada participante debe responder unha pregunta con tres opcións. O primeiro que falle queda eliminado (se o seu opoñente responde correctamente). En caso de haber 5 concursantes e non 6, ou ben non se realiza esta proba como sucede agora en Galicia, ou como sucedeu antes en Aragón (desde setembro de 2016 até 2020) ou en Baleares (desde abril de 2017 até maio de 2018) ou ben se realiza esta proba e ninguén é eliminado como sucede en todas as comunidades autónomas, esta práctica aínda se aplica a día de hoxe mesmo despois da pandemia do COVID-19 (En Andalucía durante os meses de verán, adoita haber 6 concursantes no canto de 5).

Terceira rolda[editar | editar a fonte]

Cada participante escolle un opoñente con quen xogar e un tema de cinco posibles. O opoñente ten que responder 4 preguntas de 10, 20, 30 e 40 puntos cada unha (Fóra da primeira tempada eran 3 preguntas de 10, 20 e 30 puntos cada unha, e desde a quinta tempada a pregunta de 10 puntos ten 2 opcións, a de 20 puntos ten 3 opcións, a de 30 puntos ten 4 opcións e a de 40 puntos é de resposta directa). En Cataluña desde o 23 de outubro de 2021 todas as preguntas teñen 3 opcións. Se contesta ben, suma os puntos e quítallos ao seu rival. Se responde incorrectamente, perde os puntos e súmanselle ao seu adversario. Cabe engadir que pode haber máis dun concursante que elixa ao mesmo opoñente. O que teña menos puntos ao final queda eliminado.

Cuarta rolda[editar | editar a fonte]

Para o escalado, fórmanse dous grupos de dous concursantes de acordo aos puntos logrados no programa (1.º vs 3.º e 2.º vs 4.º). En Cataluña desde o 23 de outubro de 2021 enfróntanse o primeiro e segundo concursante contra o terceiro e o cuarto. Teñen dúas opcións para responder mediante dous pulsadores, un a cada lado do atril. O primeiro grupo que conteste 5 preguntas correctamente pasa á final. En caso de empate a 5, fanse preguntas ata que un grupo conteste correctamente e o outro falle.

Os chanzos[editar | editar a fonte]

Na rolda final, os 2 concursantes loitan polo bote do día, un contra outro (Ao principio no País Vasco xogábase de luns a xoves por un premio de 1.000€ deixando o bote para o venres, pero a partir de abril do 2015 poríase o bote en xogo para todos os días, igual que en Dáte el bote).[9] Cada concursante situarase nun lado da escaleira situada no estudio. Lanzaranse tantas preguntas e alternativamente como sexan necesarias ata que algún dos dous concursantes sexa o primeiro en acertar 5 preguntas, sempre respectando a quenda correspondente. Se erra nalgunha, pode seguir concursando pero unicamente por un premio de consolación: 200€ na maioría de comunidades, 300€ en Andalucía ou 500€ no País Vasco e Cataluña. O bote cada día vai aumentando se non o atrapa ninguén, engadirase diñeiro cada día ao bote: 300€ en Estremadura e Castela-A Mancha, 400€ na maioría de comunidades (incluíndo Madrid durante a 2.ª etapa) ou 500€ en Andalucía e Madrid (só durante a 1.ª etapa) ou 1.000€ no País Vasco e Cataluña. En Cataluña, tan só se engade esta cantidade como acumulación en cada programa, e a partir do 23 de outubro de 2021, cada concursante ten un rebote para enviar ao outro concursante no caso de que non se saiba a pregunta durante as catro primeiras preguntas, pero cada concursante só pode enviar un rebote. Se o outro concursante falla, sobe un chanzo, pero se falla, baixa un. Os rebotes nunca fan perder o bote, cousa que sucederá se di a resposta incorrecta. Cada concursante só pode enviar un rebote na final.

Minuto final[editar | editar a fonte]

A partir do setembro de 2020, quen logre subir ao alto da escaleira (independentemente dos erros), terá un minuto para acertar cinco preguntas de determinadas categorías, durante este tempo pode dar tantas respostas como o tempo llo permita. Se consegue acertar as 5 preguntas antes de que acabe o tempo, gañará o premio máximo. Pola contra, só leva o premio de consolación. Esta proba non se realiza nin en Baleares, nin en Madrid, nin en Galicia (Excepto os programas do Nadal), nin en Estremadura, nin en Castela-A Mancha que ten a escaleira como proba final, na que gañará o bote aquel que conteste correctamente a 5 preguntas sen equivocarse en ningunha.

Atrápame se podes fin de semana[editar | editar a fonte]

Desde finais de abril de 2017, ETB2 tamén transmite «Atrápame se podes finde» os sábados e domingos, onde os invitados son os participantes máis divertidos do programa. A mecánica é a mesma, só que se inclúe unha rolda na que os concursantes deben adiviñar algo (unha cidade, un alimento ou un personaxe) mentres van aparecendo pistas, con todo, isto reducirá a puntuación. O gañador final obtén 1.000€, mentres que os que non gañen teñen a oportunidade de volver para tentar levar o premio. Na sétima tempada, a diferenza das anteriores, ademais dos días sinalados anteriormente, emitíase tamén os venres, facendo que a versión diaria só se emitise de luns a xoves, pero ao pouco tempo, a versión diaria volvería emitirse o venres.

Ademais, en Baleares fíxose esta versión co nome Agafa'm si pots cap de setmana desde o 17 de novembro de 2018 até certa data de 2019. Do mesmo xeito que na Comunidade Valenciana, facíase co nome de Atrapa'm si pots cap de setmana desde o 18 de xaneiro de 2020 até o 2 de xaneiro de 2022. Ambas as versións daban un premio si ou si de 500€ e cada programa da fin de semana ía dedicado a un tema concreto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lakunza (13 de octubre de 2014). "‘Atrápame si puedes’: preguntas, humor y dinero con Patxi Alonso". Deia. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  2. "Patxi Alonso vuelve a ponerse delante de las cámaras para presentar 'Atrápame si puedes' (ETB2)". FormulaTV. 9 de octubre de 2014. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  3. "‘Atrápame si Puedes’ llega esta semana a su programa número 100". Noticias de Álava. 23 de febrero de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  4. "'Atrápame si puedes' pondrá en juego el bote todos los días". eitb.eus. 12 de abril de 2015. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  5. "Programa 532 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-31. 
  6. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2022-12-26). "«Atrápame se podes» bate o seu récord de audiencia este Nadal". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 
  7. "Telemadrid estrena ‘Atrápame si puedes Celebrity’ este jueves 25 de noviembre | TVienes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2023. Consultado o 2021-11-23. 
  8. Canal Sur estrena este domingo "Atrápame, si puedes, concursantes top"
  9. "'Atrápame si puedes' pondrá en juego el bote todos los días". eitb.eus. 12 de abril de 2015. Consultado o 14 de abril de 2015.