Jaime Cantizano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaime Cantizano
Jaime Cantizano 2012 (cropped).jpg
Jaime Cantizano (2012)
Nome completoJaime Cantizano Camacho
Nacemento22 de xullo de 1973(47 anos)
LugarXerez da Fronteira, Cádiz,
España España
NacionalidadeEspaña
ProfesiónPresentador
http://www.jaimecantizano.es
editar datos en Wikidata ]

Jaime Cantizano Camacho,[1] nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 22 de xullo de 1973, é un presentador de televisión español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicia a súa traxectoria profesional no mundo da radio e con tan só 17 anos presenta Los 40 Principales na súa cidade e tamén anuncios publicitarios; de aí pasa á emisión rexional da Cadena SER e posteriormente a Onda Cero Radio.[2] Simultaneamente coa súa actividade radiofónica tamén colabora en El Correo de Andalucía.

En 2001 dá o salto á televisión, incorporándose á cadea local Localia Televisión (Grupo PRISA), presentando un programa matinal xunto a Concha Galán en 2002, ano en que por primeira vez aparece nunha cadea de ámbito nacional. Seguidamente é fichado por Antena 3 e empeza a colaborar coa xornalista Ana Rosa Quintana no seu magacín Sabor a ti.[3]

O seu rostro faise rapidamente popular entre os teleespectadores e tan só un ano despois a cadea ofrécelle a presentación dunha das súas novas apostas para o prime time, o programa de prensa rosa ¿Dónde estás corazón?.[4] O espazo emítese dende xullo de 2003 ata setembro de 2011, sempre con Cantizano á fronte, e malia ser cuestionado en repetidas ocasións polo estilo xornalístico especialmente agresivo cos convidados que se empregou no programa, contou tamén cunha audiencia moi fiel que o situou entre os programas de televisión con maior seguimento en España, convertendo ao seu presentador nun dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual español.

Posteriormente, no verán de 2006, substitúe a Silvia Jato no concurso Pasapalabra[5] e entrega o maior premio da historia da televisión española, 2 190 000 euros. Dende setembro de 2006 a xuño de 2007 presenta, sempre en Antena 3, o magacín diario En Antena que a partir de setembro de 2007 é substituído por A3Bandas, espazo no que Cantizano está acompañado por María Patiño e Dani Martínez na presentación e que finalmente é retirado en 2008.[6][7]

En marzo de 2008 estrea 'Tres desexos' ' que xira en torno a tres persoas, familias ou colectivos para os que se fará realidade un sono, resolvendo, na maioría dos casos, problemas ou carencias. Acompáñano na presentación Aitor Trigos e Eva González.[8]

En febreiro de 2010 Jaime estrea un programa de debate de crónica social chamado Informe 3 emitido na franxa de late night pero que rapidamente pasa ao luns por decisión da cadea.[9]

Tras 8 anos de emisión do programa DEC, a cadea decidiu retiralo por moderados datos de audiencia que foi sufrindo pouco a pouco. Así, remata o 23 de setembro de 2011, cun especial no que María del Monte entrevista a Jaime.[10]

En xullo de 2012 regresou á pequena pantalla conducindo o concurso musical Dando la nota.[11] En outubro dese mesmo ano prestouse como cara visible para a campaña solidaria 'Un nombre, Una Vida patrocinada pola Fundación Antena 3 para o recoñecemento gobernamental dos dereitos da infancia de miles de nenos en Madagascar.[12]

O 24 de outubro de 2012 comunicou que non renovou o seu contrato co Grupo Antena 3, dando fin á súa traxectoria nesta cadea na que estivera durante máis de dez anos.

Dende setembro de 2013 é locutor presentador do exitoso programa Atrévete de Cadea Dial.

En xaneiro de 2014 dáse a coñecer que Jaime Cantizano volve á televisión na cadea La 1, co programa ¡Mira quién baila!, en substitución da presentadora Anne Igartiburu.[13]

En publicidade realizou campañas promocionais para Gallina Blanca, tendas BEDS ou Salerm Cosmetics.[14][15]

Televisión[editar | editar a fonte]

Radio[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

2009
  • Nominación aos Premios Shangay ao Mellor comunicador de corazón.[16]
2010
  • Premio Gente con Punto na categoría de Comunicación con punto.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en la Academia de las Ciencias y las Artes de la Televisión
  2. "Kiss FM "Entrevista a Jaime Cantizano"". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  3. La Guía TV "Recordando... Sabor a ti: Cuando Antena 3 triunfaba en la tarde"
  4. "Qué "Jaime Cantizano lleva seis años al frente de 'DEC' (abreviatura de 'Donde estás corazón')". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  5. Vaya Tele "Jaime Cantizano presentará Pasapalabra"
  6. La Guía TV "Antena 3 estrena 'A3bandas', presentado por Jaime Cantizano"[Ligazón morta]
  7. "Ver Tele "Jaime Cantizano no volverá a las tardes de Antena 3". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  8. "La Guía TV "Jaime Cantizano reparte ilusiones en "Tres deseos"". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  9. "Globedia "Jaime Cantizano se pone mañana al frente de Informe DEC"". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  10. http://www.vertele.com/noticias/antena-3-corta-con-dec-y-se-divorcia-del-mundo-del-corazon/
  11. El Mundo, ed. (4 de xullo de 2012). "Jaime Cantizano vuelve 'Dando la nota'". 
  12. "Jaime Cantizano, en Nova con 'Un nombre, una vida'". La Nueva España. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  13. Jaime Cantizano ficha por TVE y presentara el nuevo '¡Mira quien baila!'
  14. "Hoy mujer "Jaime Cantizano se ha convertido en imagen para línea de cosméticos". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  15. "Gallina Blanca estrena prescriptora para un nuevo producto". MarketingNews.es. 18 de novembro de 2010. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  16. Shangay "Jaime Cantizano nominado a Mejor comunicador corazón"
  17. Punto Radio "Jaime Cantizano gana Premio Gente con Punto"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]