Aragón TV (anteriormente Aragón Televisión) é a marca comercial de Televisión Autonómica de Aragón, S.A. e a primeira canle de televisión pública de Aragón. Pertence á Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.
Aragón TV empezou a emitir en probas a principios de decembro de 2005. O 22 de decembro do mesmo ano substituíu o axuste de barras por un ciclo de imaxes relacionados cos pobos, as contornas naturais e as pezas do patrimonio histórico-artístico de Aragón. O 25 de febreiro de 2006 realizou a súa primeira emisión co partido de fútbol Real Zaragoza-FC Barcelona, volvendo á fase de probas tras acabar o encontro.[1]
En 2009 converteuse na primeira cadea de televisión en España en emitir parte da súa programación en 16:9, formato panorámico. Tamén foi a primeira cadea en dispoñer dunha canle en HD.[4]
Tras varios anos de emitir tamén a súa programación por satélite a través de Astra e Hispasat, Aragón TV cesou as súas emisións en ambos os satélites a finais de marzo do 2010, reducindo as posibilidades de ver no futuro dita televisión aos miles de aragoneses que viven fóra da comunidade autónoma, así como a todos aqueles curiosos da cultura aragonesa. A principios do mes de setembro de 2015, Aragón TV renovou as súas emisións para toda Europa a través da canle Aragón TV Internacional.