Saltar ao contido

IB3 Televisió

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 IB3 Televisió
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
IB3 Televisió (ca) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
IB3 Televisió (ca) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Texto lema
Som balears
Més per tu
Posa IB3 al 3 Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Industria
Implicados
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
1 de marzo de 2005 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Orzamento
32.222.347 € (2018)
31.300.000 € (2017) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02vrnkx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+34-971-13-93-33 Editar o valor en Wikidata
 Webcast
Wikidata C:Commons

IB3 Televisió ou Televisió de les Illes Balears é o servizo público de televisión[1] das Illas Baleares pertencente ao grupo Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears (EPRTVIB). Esta denominación tamén pode referirse á canle de televisión principal deste grupo de comunicación.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Aínda que o EPRTVIB se creou mediante a lei 7/85 do 22 de maio de 1985, non se constituíu como tal ata moito máis tarde, foi o 26 de marzo de 2004[2], e a televisión autonómica das Illas Baleares non comezou a emitir, en fase de probas, deica a Diada das Illas Baleares, o 1 de marzo de 2005, e os seus informativos non arrincaron ata maio de 2005. Comezou as súas emisións regulares o 5 de setembro de 2005.

IB3 é membro da Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos (FORTA). Os seus estudos centrais encóntranse no Polígono de Son Bugadelles, en Calvià, un municipio da illa de Mallorca, preto da capital Palma. Tamén dispón de delegacións nas illas de Menorca, Eivisa e Formentera, así como en Madrid. Emite a súa programación propia e os programas infantís en catalán e os filmes, series e documentais de produción allea en castelán, non obstante entre outubro de 2007 e novembro de 2011 emitiu toda a súa programación en catalán, mercando a produción allea xa dobrada en Cataluña ou realizando a dobraxe nas illas.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2010.
  2. "Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears (EPRTVIB). Corporatiu". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]