Paco Lodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paco Lodeiro
Paco Lodeiro (horizontal).jpg
Paco Lodeiro en 2019.
Nacemento14 de xuño de 1965
 Caracas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentador de televisión
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Lodeiro Gómez, chamado Paco Lodeiro, nado en Caracas o 14 de xuño de 1965, é un músico, humorista e presentador de televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Publicidade e enxeñeiro técnico de informática de xestión, Paco Lodeiro ten traballado como profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña e no IES Rodolfo Ucha de Ferrol. Pero Lodeiro comezou a facerse famoso a comezos dos anos noventa como unha cara coñecida da Televisión de Galicia. Alí presentou talk-shows e programas de entretemento, ao tempo que desenvolvía en paralelo unha carreira como actor de producións de ficción para televisión e, particularmente, como imitador e humorista na radio.

O seu éxito debeuse ao programa Cifras e letras, que se emitiu en Telemadrid dende 2001 e logo noutras cadeas autonómicas, entre elas a edición galega dende 2006. Entre as dúas versións presentou máis de 3.000 programas deste formato.

Despois presentou Verbas Van un formato da súa creación.

Dirixiu o programa Laretando presentado por Kiko Novoa.

Na actualidade dirixe e produce o programa Coma un allo.

No verán de 2019 presenta e produce para Tvg o programa A Liga dos Cantantes Extraordinarios.

Radio[editar | editar a fonte]

Comezou na radio no programa de RadioVoz Corre carmela que chove!!, onde se fixo coñecido como imitador de Francisco Vázquez Vázquez, o daquela alcalde da Coruña, de Arsenio Iglesias ou Augusto César Lendoiro.

Nesa mesma emisora presentou o magazine El Expresso de Galicia.

Mais tarde formou Risoterapia con Carlos Jiménez Díaz co que desenvolveron unha longa actividade humorística na Radio Galega.

Na Radio Galega presentou o programa Nunca tal oíra e participou en seccións nos programas dirixidos por Santiago Davila e Xusto Lopez Carril.

Na actualidade participa de luns a venres no magazine presentado por Kiko Novoa Galicia por diante.

Música[editar | editar a fonte]

Na actualidade participa no espectáculo Hei Cantar, con Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara, no que interpretan clásicos da música galega e boleros con bandas de música.

Participou no disco Cantando a Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes, no disco Sempre Pucho con Orquestra Los Satélites e no disco Agora e sempre con Os Tamara.

Ademais, ten publicado dous álbums en solitario como vocalista, e participa en La Sonora Callejera, un grupo de música ecléctica.

Lodeiro cantando na Praza da Quintana.

Son moi coñecidas as súas versións humorísticas de temas clásicos, como a de Pedro Navajas na que conta o roubo do Códice Calixtino por parte do electricista da Catedral de Santiago de Compostela, ou a versión de Rivers of Babylon dedicada a Bobby Farrell titulada O negriño de Boney M.[Cómpre referencia]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Cantando a Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes
  • Marea interior
  • Magia negra
  • Agora e Sempre con Os Tamara
  • Sempre Pucho con Os Satélites

Presentador de televisión[editar | editar a fonte]

Actor para televisión[editar | editar a fonte]

Actor en longametraxes[editar | editar a fonte]

Presentador de radio[editar | editar a fonte]

  • El Expreso de Galicia
  • Nunca tal oíra

Produtor de televisión[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio ATV ao mellor programa de entretemento de televisión 2006.
  • Premio da Academia Galega do Audiovisual ao mellor comunicador 2007
  • Premio Galicia de Comunicación ao mellor programa de radio 1996 (por "Corre Carmela que Chove").
  • Premio Deputación da Coruña ao mellor guión de apropósitos 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]