Saltar ao contido

David Álvarez Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio David Álvarez Rey»)
Davo
Información persoal
Nome Antonio David Álvarez Rey
Nacemento 18 de decembro de 1994
Lugar de nacemento Vilariño
Altura 1,78 m.
Posición Extremo dereito
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 11
Carreira xuvenil
Luarca
Avilés
2012–2013 Real Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012 Avilés B 3 (1)
2013 Oviedo B 4 (0)
2013–2014 Langreo 24 (5)
2014–2015 Caudal 36 (9)
2015–2016 Zamora 37 (13)
2016–2017 Oviedo B 37 (16)
2017–2018 Rápido de Bouzas 13 (1)
2018 Cerceda 15 (0)
2018–2019 Zamora 35 (20)
2019–2020 Langreo 27 (13)
2020–2022 Ibiza 60 (12)
2022–2023 Wisła Płock 18 (9)
2023–2024 Eupen 7 (0)
2023–2024 Deportivo da Coruña 37 (8)
2024– Deportivo da Coruña 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xuño de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Antonio David Álvarez Rey, coñecido como Davo, nado en Vilariño (O Pereiro de Aguiar) o 18 de decembro de 1994, é un futbolista español que xoga como extremo dereito e dianteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na parroquia de Vilariño, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, e pouco despois trasladouse coa súa familia a Tenerife e logo a Luarca.[1] Criouse na vila asturiana e aos 7 anos comezou a xogar ao fútbol na canteira do Luarca CF, onde estivo ata rematar a súa etapa infantil, ingresando a continuación no equipo cadete do Real Avilés.[2] Na tempada 2011/12 os seus 23 goles co xuvenil do Avilés na Liga Nacional colocárono como o segundo máximo goleador do seu grupo, só por detrás de Carlos Castro,[3] e permitíronlle debutar co filial na Rexional Preferente, o 26 de febreiro de 2012, nun partido ante o Valdesoto.

No verán de 2012 fichou polo Real Oviedo para xogar co seu equipo xuvenil, no que militou unha campaña, chegando a debutar co Oviedo Vetusta na Tercera División. Comezou a campaña 2013/14 nas filas do filial oviedista, pero o 8 de outubro de 2013 saíu cedido ao Langreo, da mesma categoría.[4]

Co equipo dirixido polo veigués Pablo Lago, disputou un total de 24 partidos e marcou 5 goles, conseguindo o ascenso á Segunda B. Para a seguinte campaña seguiu a Lago ao Caudal, de Terceira, onde disputou un total de 38 partidos, anotando 9 goles.[5]

Na tempada 2015/16 fichou polo Zamora,[6] onde incrementou os seus rexistros ata os 13 goles nun total de 43 partidos, case todos como titular. O equipo adestrado por Balta Sánchez proclamouse campión do Grupo VIII da Terceira División, pero non conseguiu ascender ao caer eliminado na promoción.[2] En 2016 regresou ao Oviedo Vetusta,[7] co que marcou 16 goles nos 37 partidos que xogou durante a campaña.

Na 2017/18 fichou polo Rápido de Bouzas, co que debutou na Segunda División B.[8] Ás ordes de Borja Jiménez, contribuíu con 14 partidos e un gol á mellor tempada da historia do club, pero deixou o equipo no mercado invernal, pasando ás filas do Cerceda, da mesma categoría, co que acabou descendendo.[9]

No verán de 2018 volveu ao Zamora e alí conseguiu a mellor cifra goleadora da súa carreira, con 20 tantos en 36 encontros.[10][11] En xullo de 2019 regresou ao Langreo, desta vez na Segunda B, co que marcou 13 goles, sendo o cuarto máximo anotador do Grupo I, por detrás de Rufo, Gabarre e Joselu.[11]

Na tempada 2020/21 púxose ás ordes de Juan Carlos Carcedo no Ibiza e con dez goles foi o máximo goleador do equipo, que conseguiu o primeiro ascenso á Segunda División da súa historia.[12] Na primeira xornada da tempada 2021/22 debutou na categoría de prata, nun empate sen goles ante o Zaragoza na Romareda, onde saltou ao campo na segunda parte como substituto de Ekain Zenitagoia.[13]

En xuño de 2022 deixou por primeira vez o fútbol español e puxo rumbo a Polonia, onde asinou un contrato de dous anos co Wisła Płock da Ekstraklasa.[14] Con todo, xogou só medio ano no club de Płock, pois en xaneiro, sendo naquel momento o máximo goleador da liga con 9 dianas, foi traspasado ao Eupen, da Primeira División de Bélxica.[15] No equipo valón apenas tivo protagonismo, participando só en sete partidos, saíndo en todos eles dende o banco de suplentes.

En xullo de 2023 anunciouse a súa cesión ao Deportivo da Coruña, o terceiro club galego da súa carreira.[16] Na primeira metade da tempada foi titular na maioría das aliñacións do adestrador Imanol Idiakez e a pesar das críticas recibidas tivo un papel importante en decembro cos seus goles ante o Barcelona Atlètic e o Arenteiro, que salvaron unha complicada situación na clasificación e unha posible destitución de Idiakez.[17] Perdeu protagonismo na segunda parte da campaña, que culminou co ascenso do Deportivo á Segunda División. Pechou a tempada cun total de 39 partidos e 8 goles. En xuño de 2024 o club exerceu a opción de compra obrigatoria que tiña sobre o xogador en caso de ascenso.[17]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Zamora
Ibiza
Deportivo da Coruña
  1. Barreiros, Pedro (6 de abril de 2024). "Davo: «Cuando fui a ver mi primer partido en la grada de Riazor yo me enamoré»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "David Álvarez el Gol en Segunda b tiene acento Luarqués" (en castelán). 31 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  3. "Máximos Goleadores". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  4. "El Langreo ficha al delantero David Álvarez" (en castelán). 8 de outubro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  5. "David Álvarez deja el Langreo y se va al Caudal" (en castelán). 5 de xullo de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  6. "David Álvarez deja el Caudal por el Zamora" (en castelán). 27 de xuño de 2015. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  7. "El Vetusta se pone en marcha" (en castelán). 13 de xullo de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  8. "El Rápido echa a correr con lo puesto" (en castelán). 18 de xullo de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  9. "Así son las nuevas caras del Cerceda". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  10. "El delantero David Álvarez ficha por el Zamora CF" (en castelán). 7 de xullo de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  11. 11,0 11,1 Zapico, Borja (3 de xullo de 2019). "El gijonés David Álvarez regresa al Langreo" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  12. "Davo, primer fichaje de la UD Ibiza para la próxima temporada" (en castelán). 13 de xullo de 2020. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  13. Christian, Ortiz (14 de agosto de 2021). "El Zaragoza decepciona y empata ante un valiente Ibiza". Marca (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  14. "Ofensywnie usposobiony Antonio David Álvarez Rey, znany również jako Davo, to kolejny zawodnik, który zasili szeregi Wisły Płock przed inauguracją rozgrywek 2022/2023 w PKO Bank Polski Ekstraklasie." (en polaco). Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  15. "KAS Eupen signs Spanish forward Davo" (en inglés). 1 de febreiro de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  16. "Antonio David Álvarez 'Davo', novo xogador do Dépor 2023-24". 18 de xullo de 2023. Consultado o 2 de setembro de 2023. 
  17. 17,0 17,1 "El Deportivo anuncia la ejecución de la compra de Davo" (en castelán). 19 de xuño de 2024. Consultado o 24 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]