Novo Mesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Novo Mesto e o río Krka
Localización de Novo Mesto

Novo Mesto (en esloveno, literalmente, "Cidade Nova") é unha cidade de Eslovenia. Consonte a Oficina Estatística da República de Eslovenia, o seu municipio ten unha área de 298,5 km², e segundo o censo de 2002 tiña 40.925 habitantes. É considerada como o centro económico e cultural da Baixa Carniola. O 7 de abril de 2006 a cidade pasou a ser a sede da nova diocese católica de Novo Mesto, sufragánea da arquidiocese de Ljubljana.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

Novo Mesto está situada no sueste de Eslovenia a uns 60 km da capital, Ljubljana, sobre as beiras do río Krka, e non lonxe da fronteira de Croacia.

Historia[editar | editar a fonte]

Novo Mesto foi fundada con o nome de Rudolfswert (nome alemán; en esloveno adaptado como Rudolfovo), o 7 de abril de 1365. O nome foi posto en honra de Rodolfo IV de Austria, da dinastía dos Habsburgo.

Despois da Primeira Guerra Mundial e da subseguinte disolución de Austria-Hungría, a cidade foi rebautizada oficialmente Novo Mesto, nome que coloquialmente sempre ostentara desde practicamente a súa fundación.

Patrimonio artístico[editar | editar a fonte]

  • Igrexa principal, con un presbiterio gótico do século XV, con as famosas pinturas do altar de San Nicolao, obra de Tintoretto, e outras pinturas de Metzinger,
  • Igrexa franciscana con fachada neogótica, na que destaca o epitafio da tumba de Ivan Lenković, fundador da fronteira militar croata.

Datos do censo[editar | editar a fonte]

Segundo o devandito censo de 2002, ten 40.925 habitantes, dos que 20.017 eran homes e 20.908 mulleres. A idade media era de 39 anos.

Aproximadamente corresponden á área urbana 29,25 km², con 13.796 vivendas.

Desemprego[editar | editar a fonte]

O municipio de Novo Mesto tiña en 2002 tiña unha poboación activa de 19.579 habitantes, dos cales 2.118 estaban desempregados. O concello contaba con 1.725 estudantes.

Personalidades da cidade[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]