National Institutes of Health

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Logo dos NIH.

National Institutes of Health (NIH), en galego, Institutos Nacionais da Saúde, é o nome dun grupo de institucións do goberno dos Estados Unidos cuxos obxectivos céntranse na investigación médica.

O grupo ten as súas oficinas centrais en 9000 Rockville Pike, Bethesda, Maryland.

Programas de investigación[editar | editar a fonte]

O NIH leva a cabo a súa propia investigación científica a través do seu Intramural Research Program (Programa de Investigación Intramural, IRP) e subministra importantes fondos de investigación biomédica a institucións de investigación non pertencentes aos NIH a través do seu Programa de Investigación Extramural.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

Centro de Investigación Clínica "Mark O. Hatfield" (Edificio 10) dos INH, en Bethesda, Maryland.

As raíces dos NIH remóntanse ao Marine Hospital Service a finais da década de 1790, que daba asistencia médica a homes enfermos e discapacitados da Armada dos Estados Unidos de América (USS Navy).
Contra 1870, a rede de hospitais navais desenvolvérase considerabelmente, e colocouse baixo o mando dun oficial médico dentro da Oficina do Departamento do Tesouro. A fins da década de 1870, o Congreso asignou fondos para investigar as causas de epidemias como o cólera e a febre amarela, e creu a Xunta Nacional de Saúde, facendo da investigación médica unha iniciativa oficial do goberno.[3]

Fundados en 1887, os NIH representan hoxe en día un dos grupos de centros de investigación médica máis grandes do mundo, e son o referente federal dos Estados Unidos no ámbito da saúde pública.

Comprenden un conxunto de 27 centros e institutos separados, e son, en conxunto, unha das oito[Cómpre clarificar] axencias do Servizo Público de Saúde que, á súa vez, forma parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]