Día mundial contra a SIDA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O día mundial da loita contra o SIDA que se conmemórase o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH.
Elixiuse o día 1 de decembro debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, e é unha das epidemias máis destrutivas da historia. A pesar de que se mellorou o tratamento antiretroviral e de que existe un maior acceso a el no mundo desenvolvido, a epidemia de SIDA levou entre 2,8 e 3,6 millóns de vidas en 2005[Cómpre referencia], das que máis de de medio millón (570.000) eran nenos.
A idea de dedicarlle un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse no Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Desde entón, foi adoptado por gobernos, organizacións internacionais e caridades ao redor do mundo.
Desde 1988 até 2004, o Día Internacional da Loita contra a SIDA foi organizado por UNAIDS (a organización das Nacións Unidas para a loita contra a sida), organismo que escollía un tema para cada ano, despois de consultalo con outras organizacións. En 2005 a UNAIDS entregou a responsabilidade da conmemoración deste día á Campaña Mundial contra a SIDA (WAC, World AIDS Campaign), unha organización independente. Para o 2005, elixiron como tema da súa campaña: "Paren a sida: cumpran a promesa" (Stop AIDS: Keep the Promise), que estará vixente até o 2010. Este tema non é específico para o Día Mundial da Loita contra a SIDA, senón tamén para os labores que a WAC fai durante o ano.
[editar] Símbolo
O lazo vermello é o símbolo mundial para a solidariedade coas persoas VIH-positivas e con aqueles que conviven coa SIDA e apoio mutuo.
[editar] Temas do día mundial contra a SIDA
| 1988 | Comunicación |
| 1989 | Mocidade |
| 1990 | As mulleres e a SIDA |
| 1991 | Compartindo a loita |
| 1992 | Compromiso da comunidade |
| 1993 | Actuar |
| 1994 | A SIDA e a familia |
| 1995 | Dereitos compartidos, responsabilidades compartidas |
| 1996 | Un mundo. Unha esperanza |
| 1997 | Nenos vivindo nun mundo con SIDA |
| 1998 | Forza para cambiar: Campaña mundial da SIDA coa xente nova. |
| 1999 | Escoita, aprende, vive: Campaña mundial da SIDA con nenos e xente nova. |
| 2000 | SIDA: Os homes fan a diferenza |
| 2001 | A miña impórtame. E a ti? |
| 2002 | Estigma e discriminación |
| 2003 | Estigma e discriminación |
| 2004 | Mulleres, mozas, VIH e SIDA |
| 2005 | Para a SIDA. Mantén o compromiso. |
| 2006 | Para a SIDA. Mantén o compromiso - Responsabilidade. |
| 2007 | Para a SIDA. Mantén a promesa. |
| 2008 | Para a SIDA. Mantén a promesa. |
| 2009 | Para a SIDA. Mantén a promesa. |
| 2010 | Para a SIDA. Mantén a promesa. |