Busan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea de Busan

Busan (tamén coñecida coma Pusan) é a segunda cidade máis importante de Corea do Sur. Sitúase no extremo sueste da península coreana a beira do Mar de Xapón na entrada norte do Estreito de Corea. Importante porto e centro industrial, conta cunha poboación de 3.684.153 de habitantes (2004), mais o aglomerado urbano que conforma con Ulsan polo norte e Masan polo oeste chega ata os 7.130.000 (2001).

Ver Historia urbana de Busan.