Conurbación do Delta do Yangtzé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yangtze River Delta.gif

Delta do Yangtzé

A conurbación do delta do Yangtzé é unha megalópole do centro leste de China que se está conformando na parte sur do delta do río Yangtzé, entre a súa desembocadura e o lago Tai, e con Shanghai como cidade máis grande e importante.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Cara o oeste conúrbase coa área de Suzhou, antiga e bela cidade á beira do Gran Canal; despois aparece a área de Wuxi, industriosa cidade coñecida coloquialmente como "pequena Shanghai"; e finalmente, no extremo occidental da conurbación, sitúase a área de Changzhou, a máis pequena de todas.

O dinamismo da rexión nestes últimos anos ten sido enorme , tras da súa elección coma Zona Económica Especial, aberta o investimento foránea. A construción de todo tipo de grandes infraestruturas non cesa día a día e estanse propoñendo novos e xigantescos proxectos (pontes, portos, autopistas e ferrocarrís) que farían posible, no medio prazo, a incorporación á megalópole das áreas metropolitanas veciñas ata Nanjing polo oeste e Hanzhou e Ningbo polo sur.

Megalópole de Shanghai:

  • AM Shanghai.....................................19.000.000
    • Shanghai shih.....16.800.000
  • municipalidade de Suzhou.....................3.900.000
  • municipalidade de Wuxi.........................3.700.000
  • municipalidade de Changzhou................3.500.000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]