Magnolia denudata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magnolia yulan
Pistilos e estames da magnolia
Pistilos e estames da magnolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Fanerógama / Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Magnoliales
Familia: Magnoliaceae
Subfamilia: Magnolioideae
Xénero: Magnolia
Especie: M. denudata
Nome binomial
Magnolia denudata
Desr.

Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia[1], é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas).

Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais. En Galicia é común en xardinaxe, de feito é a magnolia máis plantada de folla caediza.

Magnolia denudata1.jpg

.

Distribución[editar | editar a fonte]

É orixinaria do leste e do centro da China. Foi cultivada en templos chineses budistas dende o 600 a. C. As súas flores téñense evocado coma un símbolo de pureza na Dinastía Tang e foi plantada nos xardíns do palacio del Emperador. É a flor oficial da cidade de Xangai.

Descrición[editar | editar a fonte]

Arboriña caducifolia moi ramalluda, que apenas acada os 15 m de altura. É un chisco arredondada, moi escamada, de textura grosa. O toro e as pólas son moi vistosas, a casca é magra, e se dana facilmente co impacto mecánico. As follas son ovais, verde brillantes, de 15 cm lonxitude e 8 cm de largo, co baseamento cuñado e o ápice sagaz. Limbo de face superior verde e cara inferior máis pálida e pubescente. As flores de cor branco marfil, de 10–16 cm de diámetro, con 9 tépalos cóncavos, grosos. Aparecen antes que as follas, agomando cedo en toda a primavera, cunha intensa e agradábel fragrancia a limón, tornándose despois marróns, sen on hai xeadas. Froitos erectos, marróns, fusiformes, alongados, de 8-12 cm de lonxitude, as sementes son de cor vermello brillante. É semellante a outras magnolias que moran en solos ricos, húmidos, e protexidas de climas extremos, polo que a adaptación ás condición galegas é moi boa. [2][3]

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Multiplícase por porbaixas. Atura ben o frío e necesita solos de tipo medio non alcalinos. Cultívase a pleno sol ou a media sombra. Utilízase en xardinaxe illado ou en grupos, destacando a súa floración antes de que aparezan as follas. Para un correcto desenvolvemento dos árbores novas aconséllase unha fertilización a finais do inverno ou a comezos da primavera cando comezan a abrollar as follas. A rega debe ser frecuente nos veráns, especialmente no sur de Galicia, evitando deixar secar completamente o substrato. Necesita gozar de moitas horas de luz solar directa ao día para un bo desenvolvemento, plantar nun lugar abeirado, aínda que atura ben as xeadas.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=magnolia.
  2. Este documento es una adaptación de la hoja ST-378, una serie del Departamento de Horticultura Ambiental, Servicio de Extensión Cooperativa de la Florida, Instituto de Alimentos y Ciencias Agrícolas de la Universidad de la Florida. Fecha de publicación: octubre de 1994.
  3. Edward F. Gilman, profesor asociado, Departamento de Horticultura Ambiental, Dennis G. Watson, profesor asociado, Ingeniería Agrícola Departamento de Servicio de Extensión Cooperativa, Instituto de Alimentos y Ciencias Agrícolas de la Universidad de Florida, Gainesville, FL 32611.
  4. Sinónimos en Tela botánica
  5. Sinónimos en Catalogue of life
  • Russell, Tony & Catherine Cutler (Hermes House 2004) Trees, an Illustrated Identifier and Encyclopedia Aness Publishing.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Magnolia denudata
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magnolia denudata Modificar a ligazón no Wikidata