Pudong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2012 New Year Night Pudong.jpg

Pudong, oficialmente coñecido como Nova Área de Pudong (浦東新区, pinyin: Pǔdōng Xīn Qū) é un distrito da cidade de Shanghai na República Popular da China. Dende o comezo do seu desenvolvemento urbanístico na década dos 90, erixiuse como un importante centro financeiro e comercial en China. É a sede, entre outros do Shanghai Stock Exchange, o maior mercado de valores do país asiático e conta cun panorama urbano que inclúe algúns dos edificios máis sobranceiros de Asia como a Oriental Pearl Tower, o Jin Mao Tower e o Shanghai World Financial Center, símbolos do desenvolvemento económico chino da actualidade.