Constanţa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°11′15″N 28°39′07″W / 44.18750°N 28.65194°W / 44.18750; -28.65194

Constanţa
Flag of Constanța.svg Actual Constanta CoA.png
Constanta, view from mosque 3.jpg
Situación xeográfica
Constanţa en Romanía
Constanţa
Constanţa
País Flag of Romania.svg Romanía
Condado Constanţa
Rexión Dobruia
Xeografía
Altitude 25 msnm
Superficie 124.89 km²
Poboación
Poboación 283,872 (2011)
Densidade 2,273 h./km²
Xentilicio constănțean, constănțeancă
Información
Código postal 900xxx
Alcalde Radu Ştefan Mazăre (PSDR)
Páxina web Sitio Oficial

Constanza (en romanés: Constanţa, pronunciado /kon'stan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do Condado de Constanţa e a capital do distrito de Constanţa. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Nas inmediacións hai mananciais minerais. O mar atrae a moitos visitantes no verán. Mamaia é unha praia pechada inmediatamente polo norte.

Historia[editar | editar a fonte]

As numerosas inscripciones atopadas na cidade e a súa veciñanza mostran que Constanza atópase onde estaba situada a cidade de Tomis.

Tomis (tamén chamada Tomi) foi unha colonia grega na provincia de Escitia a beiras do mar Negro, fundada ao redor do 500 a. C. polos intercambios comerciais coas poboacións dedacios e xétas locais. Probablemente o nome deriva do grego antigo Τόμη que significa corte, sección. Segundo a Biblioteca mitolóxica de Apolodoro foi fundada por Eetes:

Ante a audacia de Medea intentou alcanzar a nave (o Argos). Medea ao velo preto asasinou ao seu irmán e despedazado arroxouno ao mar. Eetes atrasouse na persecución por recoller os pedazos do neno. Entón emprendeu o regreso e enterrou os membros rescatados nun lugar ao que chamou Tomis.
Biblioteca mitolóxica I, ix, 24

Segundo Jordanes (e despois Casiodoro), a fundadora da cidade foi unha raíña masaxeta:[1]

Trala súa vitoria contra Ciro o Grande e habendo gañado moitos botíns aos seus inimigos, a raíña Tomiris cruzou a Moesia a cal é chamada actualmente Escitia Menor -nome prestado da Gran Escitia-, e construíu na beira moésea do mar Negro a cidade de Tomi, chamada así por ela mesma.

No 29 a.C. os romanos se anexionaron desde a rexión dos odrisios ata máis aló do Danubio, baixo o nome de Limes Scythicus. No ano 8, o poeta romano Ovidio (43 a.C.-17) foi desterrado aquí por Augusto, morreu aquí oito anos máis tarde, e encomiou a cidade de Tomis nos seus poemas. Hai unha estatua de Ovidio na praza de Ovidio (Pia?a Ovidiu) de Constanza, en fronte do Museo de Historia (o antigo concello). A cidade foi despois incluída na provincia de Moesia e, desde a época de Diocleciano, en Escitia Menor, da cal foi a metrópolis. Trala división do Imperio romano, Tomis caeu baixo o domino do Imperio bizantino.

Tomis foi posteriormente renomeada como Constantiana en honor de Constantia, a medio irmán de Constantino o Grande (274-337). A primeira vez que se usou o nome de Κωνστάντια («Constantia») foi en 950. A cidade estendíase cara ao mar ata a muralla de Traxano, e foi circunvalada con fortificacións. Sucesivamente formou parte do Imperio búlgaro, o principado independente de Dobrotitsa (Dobrotici) e de Valaquia baixo Mircea o Vello; Constanza caeu baixo o dominio do otomán sobre 1419.

Unha vía férrea de Constanza a Cernavodă foi aberta en 1860. Un impresionante edificio público (orixinariamente foi un edificio portuario), foi escavado, e contén substanciais restos dun dos máis longos pavimentos de mosaico do mundo. En 1878, trala guerra de Independencia romanesa, Constanza e o resto de Dobruja Septentrional foi cedida polo Imperio otomán a Romanía. A cidade converteuse no principal porto marítimo de Romanía e punto de tránsito para moitas das exportacións romanesas. En outubro de 1916, durante a Primeira Guerra Mundial Constanza foi ocupada polas Potencias Centrais (tropas alemás, turcas e búlgaras). Segundo o tratado de Bucarest de maio de 1918, artigo 10.b (tratado que nunca foi ratificado por Romanía), Constanza quedaba baixo o control das Potencias Centrais. A cidade foi liberada polas tropas aliadas en 1918 logo dunha triunfal ofensiva na fronte de Tesalónica que deixou a Bulgaria fóra da guerra.

Poboación[editar | editar a fonte]

Unha moza ataviada coas vestimentas tradicionais.

Aínda que a poboación de Constanța esta constituída principalmente por romaneses, existe unha importante diversidade étnica e tamén existen grupos, como turcos, tártaros, gregos, armenios, alemáns, arumanos.

Segundo o censo de 2002, a poboación da Ciudad de Constanza (o municipio) era de 310.471. A área urbana en torno a Constanza, porén, inclúe Năvodari (cunha poboación de 32.400), Ovidiu (cunhna poboación de 13.134) e Basarabi (cunha poboación de 10.857) e os municipios de Cumpăna (cunha poboación de 12.532), Lumina (cunha poboación de 7.858 en 2004), Valu lui Traian (cunha poboación de 8.824) e Agigea (cunha poboación de 5.482), incrementándose o total da poboación da área urbana de Constanza a 401.613.

Etnicidade 1853[2] 2002[3] 2011 [4]
Total 5.204 310.471 254,693
Romaneses 279 (5.4%) 286.332 (92.2%) 230,969 (90.68%)
Tártaros 1,853 (35.6%) 8.724 (2.8%) 7,379 (2.9%)
Gregos 1.542 (29.6%) 546 (0.17%) N/A
Turcos 104 (2.0%) 9.018 (2.9%) 6,693 (2.6%)
Búlgaros 342 (6.5%) 48 (0.01%) N/A
Xudeus 344 (6.6%) 44 (0.01%) N/A
Xitanos 127 (2.4%) 2.962 (0.95%) 2,108 (0.83%)

Transporte[editar | editar a fonte]

Autovía A2 cara Constanza.
Aeroporto Código IATA Código OACI
Mihail Kogălniceanu International Airport, 1996.jpg Aeroporto Internacional Mihail Kogălniceanu CND LRCK


A inauguración, en 1895, do ferrocarril a Bucarest, o cal cruza o Danubio por unha ponte en Cernavodă, conduciu a Constanza a un considerable tránsito comercial de gran e petróleo, en gran parte exportados; carbón e coque encabezan a lista das importacións, seguidas de maquinaria, ferro, e tecidos de algodón e la.

A autovía A2, que une Constanza con Bucarest está case completada. Actualmente, vai desde Bucarest ata Feteşti e está planeado inaugurar o tramo ata Constanza proximamente.

O porto de Constanza, cun faro na entrada, está ben protexido fronte aos ventos do norte, pero algúns desde o sur, sueste e suroeste provocan ás veces serios perigos. A escuadra da flota romanesa do mar Negro está estacionada aquí. Unha longa canle conecta o mar Negro, en Constanza co Danubio.

O sistema de transporte público de Constanza lévao Regia Autonomă de Transport în Común Constanţa (RATC), e consta de 17 liñas de autobús, 2 liñas de tranvía e 2 liñas de trolebús. Nos anos 2000, a cidade trouxo 130 novos autobuses MAZ, para volver a empregar os envellecidos autobuses DAC. O 90% dos autobuses da flota son actualmente novos, e polo xeral están pintados en cores brillantes, como rosa, amarelo e verde.

Deportes[editar | editar a fonte]

Equipo Deporte Competición Estadio Creación
FC Viitorul Constanța Football pictogram.svg Fútbol Liga I Stadionul Farul 2009
FC Farul Constanța Football pictogram.svg Fútbol Liga II Stadionul Farul 1920

Educación[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Vista da zona turística en 1988.
Vista de Constanza na actualidade, co porto ao fondo.

Constanța está irmandada coas seguintes cidades:[5]

Notas[editar | editar a fonte]