Ho Chi Minh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ho Chi Minh

Ho Chi Minh (vietnamita Hồ Chí Minh), de verdadeiro nome Nguyễn Sinh Cung, e coñecido como Bác Hồ (Tío Ho), nado o 19 de maio de 1890 e morto o 3 de setembro de 1969, foi un político e revolucionario vietnamita, e Presidente (1954 - 1969) de Vietnam do Norte.

Índice

[editar] Traxectoria

Recibiu o nome de Nguyễn Tất Thành aos 10 anos. Aos 15 anos emigrou a Europa, onde se adheriu ó comunismo durante a sua estancia en Francia (1915 - 1923). En 1919, Ho Chi Minh tentou solicitar na conferencia de Versalles igualdade de dereitos para a colonia de Indochina. Membro fundador do PCF, trasladouse a Moscova. Mais tarde foi enviado polo Komintern a Hong Kong, onde fundou o Partido Comunista de Indochina tralas revoltas de 1930 en Vietnam.

Adoptou o nome de Ho Chi Minh (o que ilumina), e voltou ó seu país en 1941, formando o Viet Minh (Viet Nam Da Lap Dong Minh Hoi, Liga para a Independencia de Vietnam) ó que se adheriron grupos nacionalistas, quedando Vo Nguyen Giap ó mando dos grupos armados.

[editar] Declaración de Independencia e guerra

O 2 de setembro de 1945 declarou a independencia de Vietnam, pero ao non aceptala os franceses na conferencia de Fontainebleau, en decembro de 1946 desatouse a guerra. Trala vitoria de Dien Bien Phu (7 de maio de 1954), foi proclamado Presidente da República Democrática de Vietnam. Ao non convocarse o referendo sobre a unificación dos dous estados, en 1959 ordenou o apoio ás guerrillas que xa actuaban dende o ano anterior en Vietnam do Sur, formando a Fronte Nacional de Liberación (FNL), o que provocou a intervención dos Estados Unidos, guerra que non vería rematada.

Durante moitos anos viviu nunha pequena casa, pese aos ofrecementos do goberno de trasladarse a un mellor domicilio.

En 1975 Saigón foi renomeada Cidade Ho Chi Minh.


[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Ligazóns externas

Precedido por
Bảo Đại
as Emperor


President of the Democratic Republic of Vietnam
2 September 1945 – 2 September 1969


Sucedido  por
Tôn Đức Thắng
Precedido por
Trần Trọng Kim
as Prime Minister of the Empire of Vietnam


Prime Minister of the Democratic Republic of Vietnam
2 September 1945 – 20 September 1955


Sucedido  por
Phạm Văn Đồng
Precedido por
New title


Chairman of the Workers' Party of Vietnam
1951 – 1969


Sucedido  por
None
Lê Duẩn as general secretary in 1960
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas