Dunedin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de ferrocarril

Dunedin é unha cidade de Nova Zelandia situada na baía de Otago (Otago Harbour), un entrante do océano Pacífico que separa á cidade da península de Otago. A cidade fundouse en 1848, e despois de 1861 creceu rapidamente polo descubrimento de ouro.

As industrias principais de Dunedin, outrora núcleo ferroviario, son a enxeñaría, a enxeñaría do software, a biotecnoloxía e a moda. Nos arredores da cidade críase gando ovino e vacún. Otago é tamén un notable centro do ecoturismo, grazas á diversidade biolóxica da península de Otago. Conta co estadio de Rugby (Carisbrook), onde se disputan entre outros, algúns partidos do tri nations, campionato triangular anual que disputan o equipo dos All Blacks, os Wallabies australianos e os Sprinboks surafricanos.

En Dunedin está situada a Universidade de Otago, que ten facultades de arte e música, dereito, medicina e teoloxía, e da Escola Politécnica de Otago.

Nesta cidade esta situada a rua Baldwin Street considerada a rua con mais pendente do mundo segun o Libro Guinness dos Récords.

A súa poboación actual é de 121.000 habitantes e é a segunda cidade en importancia da illa do sur, logo de Christchurch.