Juvecaserta Basket
| JuveCaserta Basket | |
| Liga | Liga de baloncesto de Italia |
| Fundado en | 1951 |
| Historia | 1951-1997 e 2004-presente |
| Pavillón | PalaMaggiò (6.387 espectadores) |
| Cidade | Caserta, Italia |
| Cores | Negro e branco |
| Presidente | Rosario Caputo |
| Adestrador | Stefano Sacripanti |
| Títulos | 1 Liga 1 Copa de Italia |
| Web | |
O JuveCaserta Basket (tamén escrito Juve Caserta Basket), tamén coñecido coma Pepsi Caserta por motivos de patrocinio é u club de baloncesto italiano da cidade de Caserta. O xogou na Serie A tempada 2008-09 logo de gañar nos playoffs de promoción na tempada 2007-08 na segunda liga de Italia, a LegA Due (tamén coñecida como Serie A2).
O club Juve Caserta foi fundado en 1951. Gañou a Liga na tempada 1990-91, xogou as finais da 1985-86 e 1986-87, gañou a Copa italiana (1987-88), e xogou a final da Copa na tempada 1988-89, ademais xogou a final da Copa Korac na tempada 1985-86 e a final da Copa Saporta en 1988-89.
Na tempada 1997-98, o club declárase en bancarrota. En 2004, dous equipos da cidade de categorías inferiores uníronse baixo o nome JuveCaserta. Novamente debido a motivos publicitarios, o novo club é coñecido polo nome Pepsi Caserta (dende a tempada 2007-08).
Nomes ao longo da historia [editar]
- Juventus Caserta (1975-76 e 1978-79)
- Il Diario Caserta (1979-80)
- Latte Matese Caserta (1980-82)
- Indesit Caserta (1982-85)
- Mobilgirgi Caserta (1985-87)
- Snaidero Caserta (1987-89)
- Phonola Caserta (1989-93)
- Onyx Caserta (1993-94).