Avespa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guepe.jpg
Avespa
Unha avespa construíndo o seu panal en California
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Symphyta
Suborde: Apocrita

A avespa, avéspora, nespra ou vespa é un insecto da orde dos Himenópteros, suborde Apocrita ou Symphyta. As larvas da orde Apocrita son usualmente carnívoras ou parasíticas, mentres que as Symphitas son herbívoras. As avespas poden ser solitarias ou sociais, e a diferenza das abellas non perden o aguillón ao picaren e non producen mel. Algunhas avespas non teñen aguillón.

Características[editar | editar a fonte]

As seguintes características están presentes na maioría das avespas:

  • Dous pares de ás (a excepción das femias da familia Mutillidae)
  • Un ferrón (só presente nas femias porque deriva do ovipositor)
  • Escasa ou ningunha pilosidade (en contraste coas abellas); excepción: Mutillidae
  • Predadores ou parasitas, maioritariamente doutros insectos; algunhas especies de Pompilidae, especializáronse en utilizar arañas, principalmente tarántulas como hospedeiras

As avespas son extremadamente importantes no biocontrol natural unha vez que case todos os insectos considerados como praga teñen unha avespa como predador natural.

Niño de avespa, no Couto, Narón.

As avespas negras e amarelas constrúen niños de papel en forma de pelota nos faios ou baixo terra. Para fabricar o papel co que fan o niño, as avespas comúns mastigan as fibras da madeira morta e forman unha pasta. Unha raíña soa comeza a crear o niño, pero axiña lle cede o traballo a un número crecente de obreiras. Os niños poden albergar até 5.000 obreiras e ter un diámetro de 50 cm. As obreiras morren no inverno, pero novas raíñas sobreviven até a primavera seguinte. As avespas amarelas americanas, emparentadas con esta avespa, viven en forma similar.

Familias[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avespas