Hamilton, Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1º Vista aérea de Hamilton. 2º Lago Rotorua. 3º Río Hamilton.

Hamilton é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, cunha poboación estimada duns 203.400 habitantes, o que fai dela a 4ª cidade mais grande do país, por detrás de Auckland, Wellington e Christchurch. A cidade está situada na rexión de Waikato, na beira do Lago Rotorua, a uns 130 quilómetros ó Sur de Auckland.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros misioneiros que visitaron a zona o fixeron polo ano 1830. Unhas décadas despois, en 1863, cando os primeiros colonos occidentais se asentaron na zona, a maioría dos 3.400 maorís que vivían alí deixaron os seus fogares para loitar fronte ós británicos nas liortas que tiñan lugar mais ó oeste. Unha vez rematas as Guerras Maorís (1845-1872), comezou a construción do ferrocarril que xuntaba Hamilton con Auckland, inaugurado en 1877. Dous anos despois estreouse a primeira ponte sobre o Río Hamilton, para unir Hamilton East con Hamilton West.

Aínda que a cidade naceu no seu tempo como un centro de servizos para unha rexión agrícola, co tempo acabou converténdose nunha cidade universitaria cuns 40.000 estudantes, na que ten moita importancia a investigación científica e tecnolóxica.

Actualmente Hamilton ten 3 universidades. A University of Waikato inaugurouse en 1964, o Waikato Institute of Technology en 1968, e a Te Wānanga o Aotearoa en 1993.

Demografía[editar | editar a fonte]

Os 203.400 habitantes da cidade son o 65'3% descendentes de europeos, o 19'9% maorís, o 10'6% descendentes de asiáticos orientais, e o resto son descendentes de diversas etnias do Pacífico, África, Oriente Medio, India, etc.

Deporte[editar | editar a fonte]

Na cidade de Hamilton, ó igual que no resto do país, o rugby é o deporte mais importante. O Waikato Rugby Union disputa cada ano a ITM Cup (liga neozelandesa de rugby), acadando a vitoria nos anos 1992 e 2006. Por outra banda, os Waikato Chiefs compiten no torneo Super Rugby (máxima competición de rugby do Hemisferio Sur) dende 1996, acadando o subcampionato no ano 2009. Ámbolos dous equipos xogan como locais no Waikato Stadium, que pode acoller a 30.000 seareiros, e no cal se disputarán 3 encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]