Johann Sutter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sutter en 1866

Johann Augustus Sutter, nado o 23 de febreiro de 1803 e finado o 18 de xuño de 1880, foi un comerciante, aventureiro e colonizador xermanosuízo en California.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Sutter naceu na localidade badena de Kandern na fronteira con Suíza, o seu pai proviña da veciña localidade suíza de Rünenberg, Cantón de Basilea-Campiña, e traballaba en Baviera como capataz dunha papeleira de propiedade suíza, cursou estudos primarios en Kandern e a partir de 1819 na Suíza francesa, tras traballar en diferentes cidades coñeceu en Aaburga a Annette Dübeld con quen casou en 1826 e grazas os cartos da súa sogra montou unha pequena tenda de venda de panos e ferretería. En 1834 tras retirarlle a súa sogra o apoio económico Sutter decidiu marchar cara América.

América[editar | editar a fonte]

Sutter en 1835

O 14 de xullo de 1834 desembarcou en Nova York e inmediatamente puxo rumbo cara a San Luís en Misuri e entrou en contacto con outros emigrantes alemáns que estaban preparando unha expedición a Santa Fe e uniuse a eles e durante algún tempo dedicouse a facer negocios cos mexicanos. En abril de 1838 partiu cara California, en outubro chegou a Fort Vancouver, posto comercial en Oregón e embarcouse cara Honolulú por considerar a rota máis segura para chegar a California, fíxose amigo do cónsul inglés e conseguiu pasaxe no navío que se dirixía cara a Sitka, capital da Alasca rusa e desde alí seguiu traxecto por mar ata San Francisco onde chegou en xullo de 1839.

Nova Helvecia[editar | editar a fonte]

Sutter conseguiu permiso do gobernador, Juan Bautista Alvarado para establecerse ao leste do río Sacramento en territorio dos indios Miwok no que despois se convertería na cidade de Sacramento, Sutter denominou á colonia como Nova Helvecia en recordo do seu país, ao servizo dos brancos traballaban nativos americanos, algúns hawaianos que viñeran canda el desde Honolulú e algúns europeos. O 29 de agosto de 1840 recibiu a nacionalidade mexicana, pola cada vez maior hostilidade dos indios do territorio, Sutter decidiu converter a súa residencia nun forte, coñecido como Forte Sutter. 1841 foi un ano clave, británicos e norteamericanos ambicionaban California e Estados Unidos enviou dúas expedicións ao territorio ao tempo que comezaba a emigarción masiva de norteamericanos a California, véndose afectado Forte Sutter coa chegada de 200 americanos, ese ano os rusos puxeron en venda os seus postos de Bodega e Ross, ao norte de San Francisco e fíxonlle ofertas á Compañía da Baía de Hudson e aos mexicanos pero non se interesaron polo que Sutter aproveitou para mercalos por unha suma enorme. Sutter dedicou eses terreos para o cultivo intensivo de trigo. O goberno mexicano enviou un novo gobernador, Manuel Micheltorena para substituír a Alvarado e este alzou en armas, Sutter interviu militarmente en apoio do gobernador e participou na batalla de Cahuenga (1845) que acabou en derrota do gobernador, Sutter foi feito prisioneiro, posto en liberdade volveu ás súas terras. Durante a revolta dos colonos norteamericanos contra México, dirixida por John Frémont que declarou a República de California en 1846, os rebeldes capturaron Fort Setter e depuxeron a Setter, co comezo da guerra Mexicano-Americana e a entrada das tropas americanas en California Sutter recobrou o mando do forte e converteuse en cidadá norteamericano. En xaneiro de 1848 o encargado da serrería de Coloma, propiedade de Sutter descubriu po de ouro, Sutter pediulle que gardara silenzo pero a noticia correu rapidamente e deu comezo o que se coñece como a Carreira do ouro, os traballadores de Sutter deixaron os seus traballos e grandes masas de homes invadiron Fort Sutter e as serras do redor e Sutter perdía diñeiro, a mediados de ano chegou o seu fillo maior Augustus, a quen mandara chamar de Suíza, e intentou de reorganizar os negocios de seu pai, en 1850 chegou o resto da súa familia e Sutter converteuse en pioneiro no cultivo de árbores froiteiras.

En 1851 o Congreso dos Estados Unidos aprobou unha lei que desposuía a todos os propietarios mexicanos, Sutter gastou case todo o seu diñeiro en apelacións ao goberno aínda que conseguiu unha pensión do Congreso de 250$ mensuais. En 1866 trasladouse a Lititz, Pensilvania.


Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Johann Sutter