Kiribati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "República de Kiribati")
Republic of Kiribati

Ribaberikin Kiribati
República de Kiribati'

Bandeira de Kiribati Escudo de Kiribati
Bandeira Escudo
Lema: Te Mauri, Te Raoi ao Te Tabomoa

(Galego: A saúde, a paz e a prosperidade)

Himno nacional: Teirake Kaini Kiribati
 
LocationKiribati.png
 
Capital
 • Poboación
Tarawa Sur (Bairiki)
40.000 hab. (2004)
Cidade máis poboada Tarawa
Linguas oficiais
Inglés e xilbertense
Forma de goberno República
Anote Tong
Independencia
do Reino Unido

12 de xullo de 1979

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 188º
811 km²
0 %
0 km km
1.143 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 180º
105.432
119 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 179º
US$ 228'000.000
US$ 2.379
IDH n/d
Moeda Dólar australiano (AUD)
Xentilicio kiribatiano/a [1]
Fuso horario
 • en verán
UTC -11
non aplica
Dominio de Internet .ki
Prefixo telefónico +686
Prefixo radiofónico T3A-T3Z
Código ISO 296 / KIR / KI
Membro de: ONU, Commonwealth
Tódolos países do mundo

Kiribati, oficialmente a República de Kiribati (pronunciado "Kíribas", ['kiribas]) é un arquipélago situado na zona central oeste do Océano Pacífico, ao NE de Australia. Está integrada por un grupo de 33 atois coralinos e unha illa volcánica (Banaba) diseminados nun área de máis de tres millóns de quilómetros cadrados. Independente desde 1979 un dos seus atois, Kiritimati (Illa Christmas), é o máis grande do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

Kiribati foi habitado por un grupo étnico de Micronesia que falou a mesma lingua oceánica durante máis de 2.000 anos antes de entrar en contacto cos europeos. As illas foron descubertas por navíos británicos e estadounidenses ao final do século XVIII e a principios do século XIX. En 1820, as illas foron nomeadas Illas Gilbert polo almirante ruso Adam von Krusenstern, en honra ao capitán británico Thomas Gilbert, quen cruzou o arquipélago en 1788 ("Kiribati" é a pronuncia dos insulares do plural de "Gilberts") . O primeiro asentamento inglés fundouse en 1837. Desde 1892, as Illas Gilbert foron un protectorado británico xunto coas próximas Illas Ellice, situadas máis ao sur. Ambos os arquipélagos convertéronse en colonias en 1916. O atol Kiritimati (Christmas) formou parte da colonia en 1919 e as Illas Fénix engadíronse en 1937. Tarawa e outras illas do grupo Gilbert foron ocupadas por Xapón na II Guerra Mundial. Tarawa foi o lugar onde se desenvolveu unha das batallas máis sanguentas na historia do Corpo de Marines de Estados Unidos. Os Marines desembarcaron o 20 de novembro de 1943, a Batalla de Tarawa foi na mesma capital de Kiribati: Bairiki, no atol de Tarawa.

Na década '50, a illa Christmas foi o escenario de tres grandes probas nucleares do goberno británico.

As Illas Gilbert e Ellice alcanzaron a autonomía en 1971, e separáronse en 1975. Sete anos despois, en 1978, as Illas Ellice proclamaron a súa independencia co nome de República de Tuvalu, mentres que as Illas Gilbert esperaron un ano máis e convertéronse nun estado independente o 12 de xullo de 1979. Desde ese momento, Estados Unidos deixou de reclamar as Illas Fénix, un arquipélago do Pacífico ao sueste das Illas Gilbert, e outras tres illas desta mesma zona. Todas elas convertéronse desde entón en parte do territorio de Kiribati. Estas separacións estiveron amparadas nas diferenzas étnicas e culturais dos habitantes con respecto aos kiribatianos.

Na década dos 80, a superpoboación era un problema moi grave: en 1988 anunciouse que 4.700 residentes do grupo principal de illas serían recolocados en illas menos poboadas. Por eses anos, Kiribati foi sinalado pola ONU como un dos países máis pobres do mundo; isto precipitou a chegada de recursos humanitarios desde varios países. Outro informe da ONU de 1989 demostrou que Kiribati será un dos primeiros países en desaparecer como consecuencia da elevación do nivel do mar por causa do arrequecemento global.

En 1994, Teburoro Tito foi elixido presidente. En 1995, houbo un movemento co obxectivo de desprazar a Liña internacional de cambio de data cara ao leste para que as illas da República de Kiribati non estivesen máis divididas por esta liña imaxinaria, que nese momento xeraba controversia. O movemento, que cumpriu cunha das promesas da campaña do Presidente Tito, tiña as intencións de que Kiribati fose o primeiro país en ver o amencer o 1 de xuño de 2000, e recibir a data popularmente, pero incorrectamente, créndose comezar do terceiro milenio d.C., un evento de significancia para o turismo. Tito foi reelixido en 1998. En 1999, Kiribati comezou a formar parte da ONU.

En 2002, Kiribati pasou a ser un país controvertido debido á lei para pechar todos os xornais. A lexislación provocou a creación do primeiro xornal non-gobernamental. Tito foi reelixido en 2003, pero en Marzo de 2003, foi destituído do seu cargo por un voto non-confidencial, e substituído por un Consello de Estado. En Xullo de 2003, Boutokaan Te Koaua, do partido opositor, foi elixido para suceder a Tito.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

A política de Kiribati baséase no sistema presidencial democrático republicano, onde o Presidente ( te Beretitenti) é a cabeza de goberno, enmarcado nun sistema multipartidario e elixido por voto popular directo.

O Poder Executivo é exercido polo Presidente, un Vicepresidente e o Gabinete de Ministros.

O Poder Lexislativo exérceo a Asemblea Nacional (Maneaba ni Maungatabu), formada por 39 membros elixidos por catro anos mediante o sufraxio universal, máis dous membros ex oficio e un representante do porto autónomo de Banaba.

O Poder Xudicial é independente do Executivo e do Lexislativo e está conformado pola Suprema Corte e as cortes menores.

O goberno de Kiribati regúlase segundo a Constitución Nacional vixente, promulgada o 12 de xullo de 1979.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Kiribati divídese administrativamente en tres sectores, segundo o agrupamiento xeográfico dos tres arquipélagos que o forman.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de Illas de Kiribati.
Mapa de Kiribati

Kiribati está formada por 33 atois de orixe coralino e unha illa, Banaba (Ocean). Os grupos de illas son:

  • Banaba : unha illa deshabitada a medio camiño entre Nauru e as illas Gilbert.
  • Illas Gilbert : 16 atois situados a uns 1.500 km ao norte das illas Fidxi.
  • Illas Fénix : 8 atois e illas coralinas situados a uns 1.800 km ao sueste das illas Gilbert.
  • Illas da Liña ou Espóradas Ecuatoriais : 8 atois e un arrecife, a uns 3.300 km ao leste das illas Gilbert.

Outros tres atois das Illas da Liña pertencen a Estados Unidos.

Banaba (ou illa Ocean) é unha illa de orixe coralino que no seu día foi unha rica fonte de fosfatos, un recurso que se esgotou case totalmente antes da independencia do país. O resto do territorio de Kiribati está composto por illotes de area e arrecifes rochosos ou arrecifes de coral que emerxen apenas uns metros sobre o nivel do mar. O terreo é baixo e calcáreo, o que dificulta moito a agricultura no país.

Kiritimati, nas Illas da Liña, é o atol máis grande do mundo.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Kiribati.

Demografía[editar | editar a fonte]

Kiribati é un país superpoboado, xa que posúe 103.092 habitantes distribuídos en só 811 km cadrados (2005) Isto fai unha densidade de poboación de 127 habitantes por quilómetro cadrado, unha das máis elevadas do mundo.

O 57,7% da poboación atópase entre os 15 e os 64 anos de idade.

Composición étnica[editar | editar a fonte]

  • Insulares 97,7%
  • Mestizos 1,5%
  • Outros 0,6%
  • Europeos 0,2%

Relixión[editar | editar a fonte]

  • Católicos 52,6%
  • Protestantes 40,9%
  • Outras 7,8%

Cultura[editar | editar a fonte]

A cultura das Illas Gilbert é complexa e diversa, pero se poden atopar similitudes entre os 33 atois que conforman o grupo.

Maneaba[editar | editar a fonte]

A maneaba ou mwaneaba é o centro da aldea. Detrás da canoa de guerra, a maneaba é a "peza mestra" da cultura gilbertense. Igual que as casas, ten forma rectangular. O arquitecto da maneaba é, xeralmente, un ancián quen aprendeu o seu oficio grazas á experiencia e tradicións na súa familia. A este ancián tamén llo podería considerar como un bruxo, xa que a construción da maneaba require unha invocación ao espírito chamado Anti. A maneaba adáptase ben ao clima da illa e á súa función. O teito está sostido por columnas de pedra á altura do ombreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kiribati
Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau