Illa Kiritimati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kiritimati")
Kiritimati
Fotografía da NASA do atol Kiritimati, tomada desde a Estación Espacial Internacional
Datos
País Quiribati - Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2005) 5.115 hab.
Superficie 321 km²
Superficie lagoa 324 km²
Nº de illas
Coordenadas 1°52′N 157°42′W / 1.867°N 157.700°W / 1.867; -157.700
Maior Altura 12 m. Colina de Joe (Joe's Hill)
Localización
Localización do atol Kiritimati

Kiritimati, tamén coñecida como Christmas, é unha illa do Océano Pacífico de orixe coralino que constitúe o atol máis grande do mundo e que pertence á República de Kiribati. Está situada ao norte do arquipélago das Illas da Liña ou Espóradas Ecuatoriais. A illa ten unha superficie de 642 quilómetros cadrados. Conforma o 70% da área total de terra da nación de Kiribati, a cal está composta apor 33 atois.

Kiritimati ten un perímetro de ao redor de 150 km. Partes da súa lagoa secáronse. En adición á illa principal, existen tamén outras máis pequenas.

Historia[editar | editar a fonte]

Kiritimati foi descuberta por europeos o 24 de decembro de 1777, polo capitán James Cook. Kiritimati é a pronuncia en kiribatiano (lingua oficial de Kiribati) de Christmas (o conxunto "ti pronúnciase "s", xa que esta última letra non existe no alfabeto kilibatiano, polo que Kiritimati pronúnciase "Kirismas", moito máis aproximado ao nome inglés).

Durante a Segunda Guerra Mundial, as Forzas Armadas dos EE.UU. mantiveron unha estación meteorolóxica e un centro de comunicacións no atol, xunto cunha pista de aterraxe que, ademais de manter estas estacións, servía para recargar combustible aos voos entre Hawai e o Pacífico Sur. Tamén había unha pequena estación civil de radio e investigación metereolóxica.

Actualmente, existen 4 aldeas na illa (os datos poboacionais corresponden ao censo realizado no ano 2005):

Aldea Poboación

(Censo 2005)

1 London 1829
2 Tabwakea 1881
3 Banana (Banana Wells) 1170
4 Poland 235
5 Paris (ruínas) -
Kiritimati 5115

London é a aldea e porto principal. Banana atópase próxima ao Aeroporto Cassidy, pero podería ser recolocado máis preto de London para evitar contaminación das augas subterráneas. A aldea abandonada de Paris non figura máis nos repórtes do censo.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Kiritimati é o primeiro lugar habitado sobre a Terra en recibir o Aninovo (véxase Illa Caroline)
  • A comezos dos '50, Wernher von Braun expuxo utilizar esta illa como un sitio de lanzamento de aeronaves espaciais tripuladas.

Mapa