Illas da Liña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Illas da Liña tamén chamadas Espóradas Ecuatoriais (en inglés, Line Islands) é un arquipélago de once illas situado ao norte das illas da Sociedade, ao sur das Hawai e ao oeste das illas Fénix. Esténdense 2.410 km en dirección noroeste sueste cunha superficie de 680 km². A maioría pertencen á República de Kiribati, excepto tres que son posesións dos Estados Unidos.

O arquipélago está a lado e lado da liña do ecuador, de aquí o seu nome. Tamén se chamou Espóradas Ecuatoriais ou Espóradas da Polinesia Central para diferencialas das illas Espóradas de Grecia, que quere dicir «dispersas».

Os restos arqueolóxicos indican que algunhas illas foron habitadas por polinesios. Pero cando chegaron os europeos, estaban deshabitadas. Foron descubertas por diversos europeos, e redescubertas e rebautizadas diversas veces durante o século XIX. En 1888 foron anexionadas polo Reino Unido, incorporadas na colonia das illas Gilbert e Ellice desde o 1916.

Hoxe en día viven un total de 9.100 habitantes, a maioría na illa Kiritimati, orixinarios das illas Gilbert. A actividade principal é a exportación de copra.

As Illas da Liña están no fuso horario coa última hora do planeta: UTC 14. Xa que logo, é o primeiro lugar do mundo en saudar cada novo día e cada novo ano. Ten a mesma hora que Hawai, pero un día antes, e ata está 24 horas por diante doutras illas de Oceanía.

Atol/Illa/Arrecife Área da Illa
km²
Lagoa
km²
Coordenadas Status

Norte

Arrecife Kingman 0.03 60 6°24′N 162°24′O / 6.400, -162.400 territorio non incorporado aos Estados Unidos
Atol Palmyra 6.56 15 5°52′N 162°6′O / 5.867, -162.100 territorio incorporado aos Estados Unidos
Teraina (Illa Wáshington) 14.2 2* 4°43′N 160°24′O / 4.717, -160.400 Pertencente a Kiribati
Tabuaeran (Illa Fanning) 33.7 110 3°52′N 159°22′O / 3.867, -159.367 Pertencente a Kiribati
Kiritimati (Illa Christmas) 388.5 324 1°53′N 157°24′O / 1.883, -157.400 Pertencente a Kiribati

Centro

Illa Jarvis 4.45 - 0°22′S 160°03′O / -0.367, -160.050 territorio non incorporado aos Estados Unidos
Illa Malden 39.3 13* 4°01′S 154°59′O / -4.017, -154.983 Pertencente a Kiribati
Arrecife Filippo - 1.5 5°30′S 151°50′O / -5.500, -151.833 fóra de Zona económica exclusiva
Illa Starbuck 21 25 5°37′S 155°56′O / -5.617, -155.933 Pertencente a Kiribati

Sur

Illa Caroline 3.76 2.5 9°57′S 150°13′O / -9.950, -150.217 Pertencente a Kiribati
Illa Vostok 0.24 - 10°06′S 152°25′O / -10.100, -152.417 Pertencente a Kiribati
Illa Flint 3 - 11°26′S 151°48′O / -11.433, -151.800 Pertencente a Kiribati
Illas da Linea 514,74 538
  • As áreas da lagoa marcadas cun asterisco están comprendidas dentro das áreas da illa da columna anterior, porque son diferentes dun atol típico, as augas interiores seláronse completamente do mar.

Só tres illas están habitadas, cunha poboación total de 8.809 (segundo o censo de 2005), dos cales 5.115 están en Kiritimati, 2.539 en Tabuaeran, e 1.155 en Teraina. No ano 1900, a poboación total destes tres atois era aproximadamente 300.

Illas[editar | editar a fonte]

Illas da Liña

De norte a sur son as seguintes:

Posesións norteamericanas[editar | editar a fonte]

Ademais das illas da república de Kiribati, xeograficamente o arquipélago inclúe as posesións norteamericanas de: