Illa Vostok
| Vostok | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Localización | Océano pacífico |
| Arquipélago | [[Illas da Liña] |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 0.24 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 10°05′S 152°54′W / 10.083°S 152.9°W |
| Maior Altura | 5 m. |
| Localización | |
A Illa Vostok (10°05′S 152°54′W / 10.083°S 152.9°W), tamén coñecida como Illa Staver, é unha illa de coral deshabitada na área central do Océano Pacífico, parte das Illas da Liña, pertencentes á República de Kiribati. Outros nomes anteriores da illa foron: Illa Anne, Illa Bostock, Illa Leavitts, Illa Reaper, Illa Staver, Illa Vostock, Illa Wostock ou Illa Wostok.
Descuberta en 1820 polo explorador ruso Fabian Gottlieb von Bellingshausen, o cal nomeou a illa segundo o nome do seu barco ("Vostok" significa "Este" en ruso). Só ten 1.5 quilómetros de lonxitude (0.24 km²), ten unha aparencia triangular e elévase ata 5 metros sobre o nivel do mar. O centro da illa está cuberto de árbores do xénero Pisonia. Vostok foi imposta baixo o Acta de Illas Guaneras de 1856, pero nunca foi minada por fosfato.
A Illa Vostok é preservada como o 'Santuario de Vida Salvaxe da Illa Vostok', protexendo importantes colonias de aves mariñas como o Rede-footed Booby (Sula sula), o Great Frigatebird (Fregata minor), o Lesser Frigatebird (F. ariel), o Black Noddy (Anous minutus) e o White Tern (Gygis alba).