Tarawa Sur
| Tarawa Sur | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 40.311 hab. (2005) |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Tarawa Sur é a capital do Estado das illas Kiribati, unha mancomunidade urbana do atol de Tarawa. O seu nome completo en xilbertense é Teinainano Urban Council (literalmente « consello urbano da vela »), con frecuencia abreviado como TUC. En 2005 tiña 40.311 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
Sita no atol de Tarawa, a cidade espállase desde Bairiki a Bonriki, sobre unha trintena de quilómetros, abranguendo unha decena de illotes unidos entre si, o que equivale a toda a rama meridional do atol (de aí o nome xilbertense de « vela », pois a forma do atol lembra unha vela latina). A rama norte denomínase en xilbertense « ieta » (« mastro »).
Características urbanas [editar]
Bairiki [editar]
Bairiki está considerada como o centro administrativo principal d república das Quiribati, pois e sede da presidencia e dalgúns ministerios, mais non é unha colectividade territorial falando con propiedade. En Ambo ubícase o Parlamento, dito Maneaba ni Maungatabu.
Tarawa Sur é tamén a sede do bispado católico de Tarawa e de Nauru, da Igrexa Protestante de Quiiribati e de numerosos organismos de todo tipo: a Escola Normal, o hospital Tungaru, o lycée ou "instituto" Moroni (Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días)), así como dun centro da Universidade do Pacífico Sur.
A cidade concentra un cuarto da poboación da república e elixe tres deputados para o Parlamento (Maneaba ni Maungatabu) sobre un total 42 deputados.
Comunicacións [editar]
Está unida á illa de Betio por unha ponte (dita a Japanese Causeway: a "Calzada xaponesa") desde os anos da década de 1980. O illote de Bonriki posúe un aeroporto internacional.