Vanua Levu
| Vanua Levu | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Labasa |
| País | Fidxi |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 130.000 hab. |
| Superficie | 5.587 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 16°36′S 179°12′E / 16.6°S 179.2°E |
| Maior Altura | 1.032 m. Monte Nasorolevu |
| Localización | |
![]() |
|
Vanua Levu é a segunda illa en tamaño de Fidxi, o nome significa Gran Terra. Situada nas coordenadas 16°36′S 179°12′E / 16.6°S 179.2°E, a 64 km da illa máis grande Viti Levu. Cun área de 5.587 km², posúe unha forma triangular cunha lonxitude máxima de 180 km e unha anchura de 30 a 50 km. Da parte sueste xorde unha península estreita.
Características [editar]
A illa é volcánica, cunha cadea de montes no centro, cuxa máxima altitude é o monte Nasorolevu de 1.032 m. Dividindo o país de dúas zonas xeográficas de clima distinto. O sueste da illa que recibe ventos alisios é máis húmido mentres que a parte noroccidental é máis seca. Os principais produtos da illa son a copra e o azucre.
A poboación da illa alcanza os 130.000 habitantes, sendo a maior cidade Labasa situada no delta do río de mesmo nome, que foi fundada polos traballadores indios. O primeiro europeo que avisto a illa foi o holandés Abel Tasman. Esta illa con todo estivo habitada anteriormente que Viti Levu
