Illa Starbuck
| Starbuck | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas da Liña |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 25 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 05°37′S 155°56′W / 5.617°S 155.933°W |
| Maior Altura | 6-8 m. |
| Localización | |
A Illa Starbuck, tamén coñecida como Illa Volunteer, é un atol coralino plano e baixo deshabitado do Océano Pacífico central. É parte das Illas da Liña pertencentes á República de Kiribati. A illa recibiu múltiples denominacións: Illa Varren, Illa Coral Queen, Illa Hero, Illa Low, Illa Starve e Illa Volunteer.
Non hai auga doce na illa, que é unha das illas máis secas no grupo das illas da liña. As precipitacións medias anuais da illa son de aproximadamente 800 mm..
Mide 8.9 km deste a oeste e 3.5 km de norte a sur. A Illa Starbuck foi descuberta en 1823 por Valentine Starbuck, capitán dun buque baleeiro británico. Reclamada por Estados Unidos en 1856 baixo o Acta de Illas Guaneras, pero controlada por Gran Bretaña logo de 1866, a Illa Starbuck converteuse en exportadora de fosfato entre 1870 e 1893. Debido á súa baixa altitude (o punto mais alto da illa mide só 5 metros), a illa está rodeada por arrecifes perigosos, que a finais do século XIX, provocaron o naufraxio dun innúmero de naves.
A Illa Starbuck foi designada como un área protexida polas Nacións Unidas, e é o fogar dunha colonia de gaviotine apizarrados (Sooty terns).