Banaba
| Banaba | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 301 hab. |
| Superficie | 5 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 0°51′34″S 169°32′13″E / 0.85944°S 169.53694°E |
| Maior Altura | 81 m. |
| Localización | |
Banaba (ou illa Ocean), é unha illa de coral habitada de 5 km² no Océano Pacífico, situada ao oeste das illas Gilbert e 300 km ao leste de Nauru. O nome Banaba na lingua local significa "pedregoso". Forma parte da república de Kiribati. O punto máis alto da illa é tamén o punto máis alto de Kiribati, con 81 metros de alto. Xunto con Nauru e Makatea, foi unha das grandes fontes de fosfato do Pacífico. A súa poboación, deportada para explotar os fosfatos da illa, abriu o proceso máis longo da historia, contra o goberno británico.
Índice |
Historia [editar]
A illa foi habitada por melanesios desde o 1.500 adeC. Descubriuse en 1804 por Abraham Bristow pero mantivose relativamente intacta debido á súa illada localización e pequeno tamaño.
En 1900, Albert Ellis, un neocelandés que traballaba para unha compañia británica, descobriu que a illa era rica en fosfato de calcio, unha importante matéria prima para fertilizantes, e convenceu os nativos para asinar – cunha cruz – documentos legais que daban á compañia o dereito de explotar aquel recurso por 50 libras por ano, durante 999 anos. En 1942, a illa foi invadida polos xaponeses e os seus habitantes enviados para campos de traballos forzados noutras illas, unha vez que a súa xa estaba praticamente devastada. Ao final da guerra, os banabenses foron “recuperados” polos británicos e enviados para a illa de Rabi, que actualmente pertence a Fidxi. En 1979, as minas de fosfato foron abandonadas e moitos banabenses regesaron para verificar que o que antes eran 595 hectareas de floresta tropical, apenas quedaban mais ou menos intactas 150.
Goberno [editar]
A pesar de formar parte de Quiribati, Banaba é gobernada polo consello de anciáns de Rabi Fidxi que, ademais, teñen un dos 49 deputados do parlamento de Quiribati.