Dinastía almorábide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
المرابطون
Al-Murabitun

Dinastía almorábide

Imperio

1040 — 1147 Flag of Almohad Dynasty.svg

de}}} Almorábides

Bandeira

Situación de Almorábides
Máxima expansión do dominio almorábide
Capital Aghmat (1040-1062) Marraquex (1062-1147) Córdoba
Relixión Malikismo sunnita (oficial)
Sufismo
Xudaísmo
Cristianismo mozárabe
Goberno Emirato
Emir
 • 1040-1059 Abdallah ibn Yasin
 • 1146–1147 Ishaq ibn Ali
Período histórico Idade Media
 • Establecido
 • Disolución 1147
Moeda Dinar e marabedí
Dinar almorábide de Ali ibn Yusuf. Almería, 1106-1142.

Os Almorábides foron unha dinastía bérber do Sáhara que vivía entre o actual Senegal e o sur do Sáhara occidental[1]. Esta dinastía está emparentada coas tribos bérberes de Sanhaja e Lamtuna. Desde o século XI até o XII, a dinastía almorábide gobernou o Sáhara, parte do norte de África e parte da Península Ibérica.

Baixo esta dinastía o imperio musulmán estendeuse sobre o actual Marrocos, Sahara occidental, Mauritania, Xibraltar, Tlemcen (en Alxeria) e grande parte do que hoxe son Senegal, Malí, España e Portugal. Na súa maior extensión, o imperio ocupaba 3000 quilómetros desde o norte ao sur (a maior latitude de todos os tempos até a colonización española das Américas).

Orixes e expansión almorábide[editar | editar a fonte]

Os almorábides tiñan unha confraría relixiosa militar que defendía a expansión do Islam, tal e como facían os cruzados respecto á relixión cristiá. Eran seguidores de Abdallah ibn Yasin, teólogo do Islam ortodoxo chamado por un dos xefes das tribos bérberes que controlaban o Sáhara occidental. Os seus seguidores, ao redor do medio do século XI, comezaron a ser coñecidos como al-Murabitun, ou "o pobo da fortaleza" e no Occidente son chamados Almorábides. O seu obxectivo inicial era estabelecer unha comunidade política na cal puidesen ser aplicados os principios islámicos, inclusive sobre a jihad contra os non-musulmáns. Procuraron impor súa doutrina pola predicación e pola guerra. En 1055 conseguiron apoderarse de dous dos máis importantes centros onde se comerciaba o ouro que viña do centro da África polo deserto do Sáhara, Sijilmasa e Awdaghust/Audagost.

En 1059, morreu ibn Yasin, mais un seu seguidor, Abu Bakr, fíxose líder e conquistou continuamente a rexión do noroeste da África até morrer á súa vez en 1087: xa entón tíñase apoderado do que hoxe coñecemos como Marrocos.

Con capital na cidade que é hoxe Marrakech, pasaron a controlar toda a rexión até a actual Alxeria. En 1087, o primo de Abu Bakr, Yusuf ibn Tashfin, conquistou Ceuta e pasou a dominar a rexión norte nas marxes do Estreito de Xibraltar e ao longo das costas mediterráneas.

Cando o rei galaico Afonso VI conquistou a cidade de Toledo, en 1085, o emir musulmán de Sevilla, ameazado, pediulles axuda aos almorábides. En 1086, o exército de ibn Tashufin cruzou o Estreito, derrotou o rei galaico e volveu a África. Posteriores vitorias dos reis cristiáns da Península Ibérica contra estados musulmáns levárono a atravesar de novo o Estreito, mais desa vez non máis retornaría á África.

Anexaron toda a Spania, o territorio que pertencía a emires musulmáns e formaron un vastísimo Imperio que se estendería desde a África -o Senegal- até o río Ebro, incluíndo todas as fértis terras do sur peninsular. A conquista non foi duradeira, por dificultades económicas, inquedanza social, os ataques ás comunidades cristiá e xudía, que até entón vivían en certa harmonía e até protexidos polos emires. Unha administración feble xerou abusos e, en 1140, outros bérberes do norte da África uníronse e declaráronlles á súa vez a guerra aos almorábides, acusados de corrupción e opresión. Eran os fanáticos que ficaron coñecidos como Almohades. Penetraron na Península Ibérica, sometendo os Almorábides. Soamente cos almohades o comercio andaluz conseguiu expandirse, e a cidade de Sevilla pasaría a ser a capital do mundo islámico no Occidente.

Almohades[editar | editar a fonte]

Os reis cristiáns aproveitáronse novamente destas loitas internas para ampliaren os seus estados para o sur. Inicialmente o rei castelán Afonso VIII (1155-1214) foi vencido polos mouros almohades na batalla de Alarcos (1195). Eran anos tan inestábeis que o rei de Galiza e León, Afonso VIII chegou a ser excomungado polo papa por terse unido aos estados musulmáns nas loitas contra os seus inimigos cristiáns.

Ante isto, os reis de Navarra, Aragón, Castela e Portugal uníronse, bendicidos polo Papa que lles concedía as mesmas indulxencias concedidas aos cruzados no Oriente. A vitoria chegoulles en 1212, garantindo acceso e pasaxe no Guadalquivir. Esa batalla, coñecida como Las Navas de Tolosa, representou o golpe definitivo no dominio almohade.

A Spania musulmá fragmentábase agora en numerosos centros políticos de poder coñecidos como reinos de taifas, disgregación política e económica que ao longo do tempo foi aproveitada polos estados cristiáns ibéricos para atacar constantemente. Sucesivas conquistas de reis cristiáns acabarían por reducir o outrora rico mundo hispano-musulmán a un só reino, Granada.

Lista de emires almorábides[editar | editar a fonte]

A dinastía Almorábide estivo composta por:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Extraído de Encyclopedia Universalis on Almoravids

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]