Nuno II Mendes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nuno II Mendes ou Nuno Meendiz, finado no ano 1071, foi un aristócrata galego, sétimo e derradeiro conde de Portucale. Descendía liñaxe de Vimara Pérez, o primeiro conde de Portucale.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nuno II Mendes foi fillo do conde Mendo III Nunes, a quen sucedeu arredor de 1050. O vasto territorio que señoreaba —seu título condal era o máis destacado do reino de Galiza— motivou as aspiracións de Nuno fronte ao propio rei de Galiza, García I, e a reclamar a independencia do seu señorío e o título de rei de Portucale (máis tarde Portugal) xa en 1070. O rei galego atopou estas aspiracións como alta traizón. O 18 de xaneiro de 1071 o rei acode co seu exército ao condado para axustizar a Nuno pola súa traizón, saíndolle ao paso as tropas deste e librándose unha contenda civil na coñecida como batalla de Pedroso, xunto do Mosteiro de Tibães. Esta tivo como desenlace final a derrota de Nuno e a súa morte, acabando así as ambicións dos baróns portucalenses que desexaban un distanciamento do rei.

Sábese que Nuno II Mendes posuía bens en Nogueira, Santa Tegra, Dadim, Cerqueda, Gualtar e Barros (Braga), que probabelmente lle foron confiscados por mor da súa derrota. Cando o rei Afonso VI prendeu a García I cedeullos ao seu xenro, Sisnando Davides.

Nuno II Mendes
Nacemento:  ? Falecemento: 18 de Xaneiro de 1071


Aristocracia galega
Precedido por
Mendo III Nunes


Conde de Portucale
1050 - 1071
Sucedido  por
Henrique de Borgoña
por feudo outorgado por
Afonso VI
en 1096

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]