Palikir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 6°55′2″N 158°9′32″E / 6.91722°N 158.15889°E / 6.91722; 158.15889

Palikir
Situación xeográfica
Palikir en Estados Federados de Micronesia
Palikir
Palikir
País Estados Federados de Micronesia Estados Federados de Micronesia
Estado Federado Pohnpei
Distrito Pohnpei
Concello Sokehs
Xeografía
Altitude 155 msnm
Superficie 107´41 km²
Poboación
Poboación 7.321 hab. (2008)
Densidade 92,8 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Palikir é a capital dos Estados Federados de Micronesia, sitos no Océano Pacífico, desde 1989. A súa poboación era de 6.277 habitantes en 2004.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Palikir está localizado no noroeste da illa de Ponape (antes denominada Pohnpei), que xunto con outras illas forman o Estado de Pohnpei, un dos catro que conforman a federación. Palikir constitúe o centro dun distrito rural, de 9.900 habitantes (2004), situado a seis millas ao oeste de Kolonia (a capital dese co-estado de Pohnpei).

Palikir é a nova capital dos Estados federados, substituíndo a Kolonia, sita na mesma illa e que segue a ser a poboación máis importante; porén a cidade maior da federación micronésica é Weno, que está no Estado de Chuuk).

Historia[editar | editar a fonte]

Era o lugar dun campo de aviación (Palikir Airfield Number 2), construído pola mariña xaponesa, ás ordes do capitán Kitawaga. Unha vez rematado, non chegou a utilizarse, pois foi bombardeado pouco despois.

O lugar foi reutilizado para albergar as edificacións, do goberno e do congreso dos Estados federados, construídas nos anos da década de 1980. A cidade, esencialmente administrativa, acolle tamén os despachos da presidencia e dos dirixentes dos catro Estados federados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]