Área insular dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Área insular dos Estados Unidos»)
Reservas naturais norteamericanas (NWR, Natural Wildlife Reserve) no Pacífico central, entre as illas Hawai e Samoa.

Unha área insular é un termo xenérico utilizado pola administración dos Estados Unidos de América para referirse aos territorios que non forman parte dun estado integrante nin do distrito federal de Washington, D.C.

En xeral, os habitantes das áreas insulares teñen cidadanía norteamericana, aínda que non pagan impostos federais, non participan nas eleccións presidenciais, nin teñen representantes no Congreso. Os produtos manufacturados en áreas insulares poden levar a etiqueta «made in the USA».

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas que se consideran áreas insulares son:

As illas Periféricas Menores están deshabitadas, sen unha poboación estable. O resto de áreas insulares están habitadas.

Política[editar | editar a fonte]

Os status políticos das áreas insulares son:

  • Territorios incorporados (onde se aplica a Constitución norteamericana): só o é o atol Palmyra. O resto son territorios non incorporados.
  • Territorios organizados (que dispón dun goberno local): Guam, illas Marianas do Norte, Porto Rico e as illas Virxes Americanas. O resto son territorios non organizados. Samoa Americana é oficialmente un territorio non organizado, pero na práctica ten un goberno autónomo baixo a autoridade do Departamento do Interior.
  • Mancomunidade ou Commonwealth (territorios organizados con acordos específicos co goberno federal): as illas Marianas do Norte e Porto Rico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]