Honiara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 9°28′S 159°49′E / 9.467°S 159.817°E / -9.467; 159.817

Honiara
Flag of Honiara.svg
Honiara aerial crop.jpg
Vista aérea
Situación xeográfica
Honiara en Illas Salomón
Honiara
Honiara
País Flag of the Solomon Islands.svg Illas Salomón
Provincia Territorio Capital
Illa Guadalcanal
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 22 km²
Poboación
Poboación 63.343 hab. (2010)
Densidade 2.481´8 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Israel Maeoli
Páxina web

Honiara, cidade situada na illa de Guadalcanal e capital das Illas Salomón. En 1986, Honiara contaba cunha poboación de 50.100 habitantes, e para o 2009 tiña unha estimación de poboación de 66.824 habitantes, sendo a cidade máis poboada do país.[1]

Situada en Guadalcanal, a cidade foi reconstruída para albergar a capital do arquipélago, en substitución da antiga capital, Tulaghi, tras o fin da Segunda Guerra Mundial.

A cidade conta con aeroporto e porto para a exportación de coco, madeira e ouro. Tamén se atopan os principais organismos administrativos do país e o Museo Nacional.

Historia[editar | editar a fonte]

Honiara non existía antes da Segunda Guerra Mundial. Foi desenvolvida durante esta guerra ao redor do cuartel xeral do exército dos Estados Unidos en Guadalcanal.[2] En 1952 substituíu oficialmente a Tulagi como capital nacional.

Nos anos 1960, o goberno, en asociación co sector privado, pusó en marcha un extenso programa de desenvolvemento da nova capital. O 15 de novembro de 1966 estableceuse a Diocese de Honiara, que o 22 de decembro de 1978 foi elevada ao rango de Arquidiocese.[3]

Tras violentos disturbios no ano 2000, a protección da poboación foi realizada por tropas australianas, pois as Illas Salomón carecen de exército. Con todo, a tregua lograda polos australianos no 2000 fracasou no 2003, e as tropas estranxeiras regresaron a Honiara por solicitude do Parlamento das Illas Salomón. En 2006 estalaron novos disturbios tras a elección de Snyder Rini como Primeiro Ministro, que se saldaron coa destrución de gran parte do barrio chinés e o desprazamento de máis de 1000 residentes chineses.[4] Tres membros do Parlamento Nacional foron detidos durante ou como consecuencia das revoltas.[5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Hoinara está situada na costa norte da illa Guadalcanal. O clima é tropical, con temperaturas medias diúrnas medias de 28 °C durante todo o ano.

É o principal centro urbano das Illas Salomón, concentrando máis da metade dos postos de traballo formais. Ademais, o consumo per cápita dun habitante da capital triplica ao dos habitantes rurais.

Ao compararse con salomenses rurais, os habitantes da capital teñen o dobre de probabilidades de recibir unha educación secundaria, e tres veces máis probabilidades de contar cunha conta bancaria e con servizos sanitarios na súa residencia. A porcentaxe de habitantes de Honiara con servizo eléctrico supera oito veces á da dos habitantes do campo. Por estas razóns, non é raro que se dea unha considerable migración de salomoneses a Honiara.

Posúe o Aeroporto Internacional Honiara.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Honiara