Papeete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Papeete

Papeete é unha cidade situada na illa de Tahití, na Polinesia Francesa. É a capital e localidade máis grande do arquipélago, cunha poboación de aproximadamente 127.635 habitantes.

En setembro de 1995 e tras levar a cabo Francia varias probas nucleares no atol de Mururoa (situado tamén na Polinesia Francesa), mozas da cidade (na súa maioría independentistas) provocaron violentos disturbios que sumiron á cidade no caos. Nos altercados foron atacados, sobre todo, intereses franceses.