Pago Pago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPago Pago
Imaxe

Localización
Mapa
 14°16′46″S 170°42′02″O / -14.279444, -170.700556Coordenadas: 14°16′46″S 170°42′02″O / -14.279444, -170.700556
EstadoEstados Unidos de América
Territorios non incorporadosSamoa Americana
District of American Samoa (en) TraducirEastern District (en) Traducir
County of American Samoa (en) TraducirMaoputasi County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.656 (2010) Editar o valor em Wikidata (25,78 hab./km²)
Xeografía
Superficie141,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude9 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webpagopago.com Editar o valor em Wikidata

Pago Pago é a capital da Samoa Americana. En 2010, a súa poboación era de 3.656 habitantes. A cidade está servida polo Aeroporto Internacional de Pago Pago. O turismo, entretemento, gastronomía, e o atún enlatado son as súas principais industrias.

Historia[editar | editar a fonte]

De 1878 a 1951, o lugar era a base dunha estación de repostaxe e unha base de reparación da USA Navy, coñecido entón como United States Naval Station Tutuila.

En xaneiro de 1942 Pago Pago Harbor foi bombardeado por un submarino xaponés, foi a única acción de guerra nas illas durante a segunda guerra mundial.[Cómpre referencia]

O 29 de setembro de 2009, un terremoto golpeou no Pacífico Sur preto de Samoa e da Samoa Americana, provocando un tsunami en Pago Pago e bisbarra. O tsunami causou de moderados a graves danos a vilas, edificios e vehículos e causou un número indeterminado de mortos.[1][2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

a vila atópase en Pago Pago Harbor, na illa de Tutuila. Pago Pago é unha das moitas vilas da aglomeración urbana de Pago Pago ao longo da ribeira de Pago Pago Harbor situado na parte máis oriental (interior) da enseada. A zona inclúe unha serie de vilas, entre elas Fagatogo, a zona lexislativa e xudicial, e Utulei, a zona executiva.[3]

Con todo, debido a que o nome de Pago Pago asóciase ao porto (o único importante da Samoa Americana) Pago Pago é agora xeralmente aplicado non só para a vila en si, senón a toda a zona do porto e das vilas do mesmo.[Cómpre referencia] É neste sentido que Pago Pago convértese de facto na cidade capital da Samoa Americana.[Cómpre referencia]

Tanto o propio porto como a administración da Samoa Americana coñecida como " Fono", están en Fagatogo, unha vila á beira de Pago Pago. Do mesmo xeito, o outrora famoso Hotel Rainmaker (agora pechado) atópase na localidade de Utule'i, xunto a Fagatogo o longo da costa sur do longo porto. As fábricas de conservas están en Atu'u, na costa norte do porto. Recomendase que se debe evitar o consumo de calquera peixe ou invertebrado atrapado en Pago Pago Harbor porque están contaminados con metais pesados e outros contaminantes. nps.org (ed.). "Guía de Historia Natural Para Samoa Americana". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 2007-02-16. 

Pago Pago é unha mestura de comunidades semiurbanas, unha pequena cidade, fábricas de conservas de atún, que proporcionan emprego a un terzo da poboación de Tutuila, e un porto rodeado por impresionantes cantís, que se afunden case directamente no mar. Unha subida á cima do Mt. Alava no Parque Nacional da Samoa Americana proporciona unha visión panorámica do porto e a cidade.[4]

Clima[editar | editar a fonte]

Pago Pago ten un clima de selva tropical (clasificación climática de Köppen Af) climate. Todos os rexistros climáticos oficiais da Samoa Americana están en Pago Pago. A temperatura máis alta xamais rexistrada foi de 37 °C o 22 de febreiro de 1958. Pola contra, a temperatura máis baixa rexistrada foi de 15 °C o 10 de outubro de 1964.[5]

Datos climáticos para Pago Pago
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F (°C) 95
(35)
99
(37)
95
(35)
95
(35)
93
(34)
95
(35)
91
(33)
92
(33)
92
(33)
94
(34)
95
(35)
94
(34)
99
(37)
Media máxima en °F (°C) 87,6
(30,9)
88,0
(31,1)
88,1
(31,2)
87,5
(30,8)
86,2
(30,1)
85,0
(29,4)
84,2
(29)
84,3
(29,1)
85,3
(29,6)
85,8
(29,9)
86,6
(30,3)
87,4
(30,8)
86,3
(30,2)
Media diaria en °F (°C) 82,6
(28,1)
82,9
(28,3)
82,9
(28,3)
82,5
(28,1)
81,8
(27,7)
81,1
(27,3)
80,4
(26,9)
80,4
(26,9)
81,1
(27,3)
81,5
(27,5)
82,1
(27,8)
82,5
(28,1)
81,82
(27,69)
Media mínima en °F (°C) 77,6
(25,3)
77,7
(25,4)
77,8
(25,4)
77,6
(25,3)
77,5
(25,3)
77,1
(25,1)
76,6
(24,8)
76,5
(24,7)
76,9
(24,9)
77,2
(25,1)
77,5
(25,3)
77,6
(25,3)
77,3
(25,2)
Temperatura mínima en °F (°C) 67
(19)
65
(18)
63
(17)
68
(20)
65
(18)
61
(16)
62
(17)
60
(16)
62
(17)
59
(15)
60
(16)
65
(18)
59
(15)
Precipitación media polgadas mm) 14,83
(376,7)
12,66
(321,6)
11,66
(296,2)
11,02
(279,9)
10,61
(269,5)
6,01
(152,7)
6,46
(164,1)
6,30
(160)
7,62
(193,5)
10,11
(256,8)
11,30
(287)
14,51
(368,6)
123,09
(3 126,5)
Media de días con precipitacións (≥ 0.01 in) 24,0 21,4 23,8 22,1 20,1 19,1 19,3 17,8 17,9 20,9 20,8 23,1 250,2
Fonte: NOAA (normals)[5]

Educación[editar | editar a fonte]

A Biblioteca Pública Feleti Barstow atópase en Pago Pago.[6] En 1991, o gran ciclón tropical Val golpeou Pago Pago, destruíndo a biblioteca que existía alí. A actual biblioteca de Barstow, construída en 1998, inaugurouse o 17 de abril de 2000.[7]

Turismo[editar | editar a fonte]

Hotel Rainmaker

Ata 1980, podíanse gozar das vistas do Monte Avala tomando un funicular sobre o porto, pero o 17 de abril dese ano, un avión da USA Navy, voando por encima, como parte da celebración do Día da Bandeira, golpeou o cable e o avión estrelouse contra un extremo do Hotel Rainmaker.[8] O funicular foi reparado, pero pechou pouco despois. O tranvía quedou inservible, aínda que segundo Lonely Planet, existen plans para volver abrilo, pero en decembro de 2010 o cable foi danado polo ciclón tropical Wilma, caeu no porto e non foi reparado . Outro miradoiro notable é o que está na cima do paso anterior a vila de Aua no camiño de Afono.[Cómpre referencia]

O Sadie Thompson Building, nos arredores de Pago Pago, é un restaurante e pousada que aparece no Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Article Arquivado 03 de outubro de 2009 en Wayback Machine. on Google News
  2. "Disaster aid flows to tsunami-hit Samoas". MSNBC.
  3. "Pago Pago (American Samoa)". Britannica Online Encyclopedia.
  4. Farrell, Jack, "American Samoa American Samoa: A Tropical Delight Hosting the Only U.S. National Park South of the Equator", Frederick News-Post, Sunday, March 16, 2014
  5. 5,0 5,1 "NOWData - NOAA Online Weather Data". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 22 de novembro de 2012. 
  6. "Contact Us Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine.". Feleti Barstow Public Library. Retrieved on May 19, 2010.
  7. "History Arquivado 18 de decembro de 2010 en Wayback Machine.." Feleti Barstow Public Library. Retrieved on May 19, 2010.
  8. Moos, Grant. 1980 [1997]. "April 17, 1980: Fiery crash halts Flag Day". Samoa News, April 18, 1980 (reprinted in the Samoa News, January 22, 1997: 4). Cited in Sorensen, Stan, and Joseph Theroux. The Samoan Historical Calendar, 1606–2007 Arquivado 24 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. p. 93.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]