KK Budućnost Podgorica
| KK Budućnost Podgorica | |
| Liga | Opportunity League Liga do Adriático ULEB Eurocup |
| Fundado en | 1949 |
| Historia | 1949-presente |
| Pavillón | Morača Sports Center (4570 espectadores) |
| Cidade | Podgorica, (Montenegro) |
| Cores | Azul e branca |
| Presidente | Branko Vujošević |
| Adestrador | Dejan Radonjić |
| Títulos | 3 Ligas de Iugoslavia 2 Opportunity League 3 Copas de Iugoslavia 3 Copas montenegrinas |
| Web | |
O KK Budućnost Podgorica é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Podgorica, Montenegro. Forma parte do club polideportivo Budućnost Podgorica. O equipo compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, na que é o único representante do seu país.
O club foi fundado en 1949 en Titogrado (actualmente Podgorica). O club tardou máis de 30 anos en competir no máximo nivel do baloncesto de Iugoslavia, a SFR Yugoslavia. Na tempada 1980-81 foi cando o club montenegrino xogou por primeira vez na elite. Logo de sete anos consecutivos na elite, o Budućnost descendeu á liga inferior ao finalizar a tempada 1987-88. Porén non pasaría moito tempo ata que o equipo voltase á máxima categoría, xa que na tempada 1989-90 gañou a promoción de novo.
No período entre 1992 e 2006, o Budućnost participou na FR Yugoslavia, a máxima categoría o baloncesto en Serbia e Montenegro, acadando moitos resultados importantes nesta época. Nas tempadas 1995-96 e 1997-98 o equipo gañou a Copa de Iugoslavia, e pouco despois o equipo gañaría o título de liga iugoslava tres tempadas consecutivas: 1998-99, 1999-00 e 2000-01.
Xogadores destacados[editar]
- Žarko Paspalj.
- Igor Rakočević.
- Dejan Tomašević.
- Duško Ivanović.
- Vlado Šćepanović.
- Nikola Bulatović.
- Aleksandar "Sasha" Pavlović.