Copríncipes de Andorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of arms of Andorra.svg

Os copríncipes de Andorra representan a xefatura do estado independente do Principado de Andorra, segundo establece a súa Constitución aprobada o 14 de marzo de 1993 e promulgada o 28 de abril do mesmo ano. Esta representación compártese en igualdade e a título persoal, entre o bispo da Sé de Urgell e o presidente da República francesa.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia de Andorra.

A orixe da figura dos copríncipes remóntase ao século XI, cando se estableceu un principio de repartición feudatario entre dúas vasallos do conde de Urgell: o Bispo de Urgell e o conde de Caboet. Cando este último pasou a ser posesión do vizconde de Castellbó, a repartición transmitiuse nas mesmas condicións no ano 1186. Posteriormente, os de Castellbó integráronse no Condado de Foix dando continuidade a unha nova transmisión no 1226. Os tratados, segundo o código feudal de Pareatges de 1278 e 1288, puxeron fin a un período de disputas e confirmaron as prerrogativas de ambos os señoríos entre o bispo Pere de Urtx e o conde Roger Bernardo III de Foix.

O bispado de Urgell permaneceu baixo tutela do condado de Barcelona e a coroa de Aragón máis tarde integrada na coroa española, mentres que o condado de Foix pasou en 1479 a ser posesión dos territorios bearneses do Reino de Navarra, tamén chamados de Baixa Navarra, dando orixe a unha serie de transmisións do título dentro do ámbito francés. É por entón que o señorío compartido adquire o rango de coprincipado.

Transmisións do coprincipado francés[editar | editar a fonte]

A Baixa Navarra integrouse no Reino de Francia en 1589 coa chegada ao trono de Henrique IV, momento a partir do cal os reis sucesivos tamén se titularon de France et de Navarre. Luís XIII decidiu en 1620 unir o título de rei de Navarra e os seus dereitos transmitidos do coprincipado de Andorra, na coroa de Francia.

Tras a revolución francesa de 1789, a I República renunciou ao coprincipado ata que en 1806 o emperador Napoleón Bonaparte volveu exercer de copríncipe, considerando que o decreto real de 1620 transmitira a parte de soberanía francesa de Andorra ao estado francés, calquera que fose a súa forma de réxime. Seguindo este principio, os actuais presidentes da república francesa son copríncipes de Andorra. A Constitución andorrana de 1993 adoptou esta forma tradicional de representación.

Constitución[editar | editar a fonte]

A figura do Coprincipado está recollida no Título III, dos artigos 43 ao 49 da Constitución do Principado de Andorra de 1993. Segundo a Constitución, os copríncipes son a representación suprema do Estado e simbolizan a continuidade, independencia e espírito de equilibrio nas relacións cos estados veciños de Francia e España, desde a tradición medieval dos acordos de Pareatge.

Os copríncipes arbitran e moderan as institucións e poderes públicos pero a súa responsabilidade política é transmitida ás figuras do Cap de Govern ou a do Síndic Xeral, que confirman os seus documentos, teñen liberdade para designar membros ao Consell Superior da Justícia e ao Tribunal Constitucional. Pola súa banda o copríncipe episcopal só ten un papel de consulta pois os seus propios atributos eclesiásticos impiden a súa participación en actividades políticas e de goberno.

Lista de Copríncipes de Andorra[editar | editar a fonte]

Episcopal Copríncipe Período Francés Copríncipe Período
Bispos de Urgell Condes de Foix
Blason du comté de Foix.svg Casa of Foix
Pere d'Urtx 1278–1293 Roxerio-Bernardo III 1278–1302
Guillem de Montcada 1295–1308
Blason de Foix-Béarn.svg Casa de Foix-Béarn
Gastón I 1302–1315
Ramon Trebaylla 1309–1326
Gastón II 1315–1343
Arnau de Llordà 1326–1341
Pere de Narbona 1341–1347
Gastón III 1343–1391
Nicolau Capoci 1348–1351
Hugó Desbach 1351–1361
Guillem Arnau de Patau 1362–1364
Pere de Luna 1365–1370
Berenguer d'Erill i de Pallars 1371–1388
Galcerand de Vilanova 1388–1396
Mathieu 1391–1396
Primeira anexión a Aragón
Andorra foi brevemente anexionada á Coroa de Aragón en 1396.
Bispos de Urgell Condes de Foix
Blason de Foix-Béarn.svg Casa de Foix-Béarn (restored)
Galcerand de Vilanova 1396–1415 Mathieu 1396–1398
Sabela 1398–1413
Armoiries Navarre Foix.svg Casa de Foix-Grailly
Xoán I 1413–1436
Francesc de Tovia 1416–1436
Gastón IV 1436–1472
Arnau Roger de Pallars 1437–1461
Jaume de Cardona i de Gandia 1462–1466
Roderic de Borja i Escrivà 1467–1472
Pere de Cardona 1472–1512 Reis de Navarra
François-Fébus 1472–1483
Catarina 1483–1512
Segunda anexión a Aragón
Andorra foi brevemente anexionada á Coroa de Aragón en 1512–1513.
Bispos de Urgell Reis de Navarra
Armoiries Navarre Foix.svg Casa de Foix-Grailly (restored)
Pere de Cardona 1513–1515 Catarina 1513–1517
Joan Despés 1515–1530
Armoiries Navarre-Albret.svg Casa de Albret
Henrique II 1517–1555
Pedro Jordà de Urríes 1532–1533
Francesc de Urríes 1534–1551
Miquel Despuig 1552–1556
Xoana III 1555–1572
Joan Pérez García de Oliván 1556–1560
Pere de Castellet 1561–1571
Joan Dimas Loris 1572–1576 Coat of arms of France and Navarre (1589-1789).svg Casa de Borbón
Henrique III
Henrique IV de Francia
1572–1610
Miquel Jeroni Morell 1577–1579
Hugó Ambrós de Montcada 1580–1586
Andreu Capella 1587–1609
Bernat de Salbà i de Salbà 1610–1620 Luís II
Luís XIII de Francia
1610–1620
Luís Díes Aux de Armendáriz 1621–1627 Reis de Francia
Luís XIII 1620–1643
Antoni Pérez 1627–1633
Pau Duran 1634–1651
Luís XIV 1643–1715
Joan Manuel de Espinosa 1655–1663
Melcior Palau i Boscà 1664–1670
Pere de Copons i de Teixidor 1671–1681
Joan Desbach Martorell 1682–1688
Oleguer de Montserrat Rufet 1689–1694
Julià Cano Thebar 1695–1714
Simeó de Guinda y Apeztegui 1714–1737
Luís XV 1715–1774
Jordi Curado y Torreblanca 1738–1747
Sebastià de Victoria Emparán y Loyola 1747–1756
Francesc Josep Catalán de Ocón 1757–1762
Francesc Fernández de Xátiva y Contreras 1763–1771
Joaquín de Santiyán y Valdivielso 1772–1779
Luís XVI 1774–1792
Juan de García y Montenegro 1780–1783
Josep de Boltas 1785–1795
Presidentes da I República Francesa
Francia renuncia á posición de co-principe.[1]
Francesc Antoni de la Dueña y Cisneros 1797–1816
Emperadores dos Franceses
Imperial Coat of Arms of France (1804-1815).svg Casa de Bonaparte
Napoleón I 1806–1814
Reis de Francia
Casa de Borbón
Luís XVIII 1814–1815
Emperadores dos Franceses
Casa de Bonaparte
Napoleón I 1815
Napoleón II 1815
Bernat Francés y Caballero 1817–1824 Reis de Francia
Casa de Borbón
Luís XVIII 1815–1824
Bonifaci López y Pulido 1824–1827 Carlos X 1824–1830
Simó de Guardiola y Hortoneda 1827–1851
Blason duche fr Orleans (moderne).svg Casa de Orléans
Louis Philippe 1830–1848
Presidentes da II República Francesa
Luís-Napoléon Bonaparte 1848–1852
Emperadores dos Franceses
Casa de Bonaparte
Napoleón III 1852–1870
Josep Caixal i Estradé 1853–1879
Presidentes da III República Francesa
Louis-Adolphe Thiers 1871–1873
Patrice MacMahon 1873–1879
Salvador Casañas i Pagés 1879–1901 Jules Grévy 1879–1887
Sadi Carnot 1887–1894
Jean Casimir-Perier 1894–1895
Félix Faure 1895–1899
Émile Loubet 1899–1906
Ramon Riu i Cabanes 1901
Toribio Martín 1902
Joan Josep Laguarda i Fenollera 1902–1906
Josep Pujargimzú 1907 Clément Armand Fallières 1906–1913
Juan Benlloch y Vivó 1907–1919
Raymond Poincaré 1913–1920
Jaume Viladrich i Gaspa 1919–1920
Justí Guitart i Vilardebó 1920–1940 Paul Deschanel 1920
Alexandre Millerand 1920–1924
Gaston Doumergue 1924–1931
Paul Doumer 1931–1932
Albert Lebrun 1932–1940
Ricard Fornesa 1940–1943 Xefes do Estado Francés
Henri Philippe Pétain 1940–1944
Ramon Iglesias i Navarri 1943–1969
Xefatura do Goberno Provisional
Charles de Gaulle 1944–1946
Félix Gouin 1946
Georges Bidault 1946–1947
Presidentes da IV República Francesa
Vincent Auriol 1947–1954
René Coty 1954–1959
Presidentes da V República Francesa
Charles de Gaulle 1959–1969
Ramón Malla Call 1969–1971 Georges Pompidou 1969–1974
Joan Martí Alanis 1971–2003
Valéry Giscard d'Estaing 1974–1981
François Mitterrand 1981–1995
Jacques Chirac 1995–2007
Joan Enric Vives Sicília 2003–
Nicolas Sarkozy 2007– 2012
François Hollande 2012–

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]