Comarcas de Cataluña
As comarcas de Cataluña son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.
Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, foi reanudada en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial.
O seu goberno e administración é dirixido polos consellos comarcais. Actualmente hai 41 comarcas en Cataluña.
Índice |
[editar] Orixes
A división comarcal de Cataluña de 1936 foi unha división territorial administrativa establecida por decreto pola Generalitat de Cataluña o ano 1936 que dividía o territorio en 38 comarcas e 9 supercomarcas ou veguerías. A división aprobouse a partir dos estudos feitos pola ponencia creada ad hoc en 1932, formada, entre outros, por Pau Vila, Antoni Rovira i Virgili, Josep Iglésies, etc. No ano 1939, ao termo da Guerra Civil Española, foi abolida polo réxime de Franco.
[editar] Actualidade
Foron restablecidas de novo en 1987 a Generalitat adoptou de novo esta división territorial, modificándoa en 1988 para engadir o Pla de l'Estany, o Pla d'Urgell e a Alta Ribagorça, e de novo en 1990 para modificar algún límite territorial.
[editar] Propostas e reivindicacións
O ano 2000, no Informe Roca, un equipo formado por Miquel Roca i Junyent e Jesús Burgueño, entre outros, propuxeron crear algunha comarca máis: Moianès (capital: Moià), Vall de Camprodon (capital: Camprodon), Selva Marítima (ou Marina) (capital: Blanes), Alta Segarra (capital: Calaf) e Segre Mitjà (capital: Ponts), ademais de dividir o Baix Llobregat en dous (a parte norte, o Baix Llobregat Nord, con capital en Martorell). Todos os casos son antigas reivindicacións comarcais.
Aínda J. Burgueño, o ano 2003, propuxo de crear tamén o Lluçanès (capital: Prats de Lluçanès), a Vall de Ribes (capital: Ribes de Freser), a Ribera de Sió (capital: Agramunt), a Baixa Segarra (capital: Santa Coloma de Queralt) e o Baix Montseny (capital: Sant Celoni), ademais cambiando os límites de varias comarcas.[1]
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||