Míchigan - Michigan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Michigan")
Michigan
State of Michigan
Bandeira de Michigan Selo de Michigan
Bandeira Selo
Lema: Wolverine State; Great Lakes State
Mapa dos EUA coa Michigan en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Lansing
Maior cidade Detroit
Gobernador Jennifer Granholn
Lingua oficial: Inglés
Área 250 941 km² (11)
 - Terra 147 255 km²
 - Auga 103 687 km² (41,3%)
Poboación (2000)
 - Poboación 9 938 444 (8)
 - Densidade 67,55 /km² (15)
Entrada na Unión
 - Data 26 de xaneiro de 1837
 - Orde 26º
Xeografía
Fuso horario Leste:UTC-5/-4
Latitude 41°41'N - 47°30'N
Lonxitude 82°26'O - 90°31'O
Largo N-S 790 km
Ancho E-O 385 km
Altitude
 - Altitude media 275 m
 - Máis elevado 603 m
 - Menos elevado 174 m
Códigos e abreviacións
 - USPS MI
 - ISO 3166-2 US-MI
Sitio web
www.michigan.gov


Michigan é un dos 50 Estados dos Estados Unidos da América. Michigan é un dos líderes nacionais da industria de manufaturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit. O estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.

Michigan limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5 292 quilómetros de extensión. Michigan pode ser dividido en dúas áreas distintas - a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si apenas por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude. A orixe do nome Michigan ven dunha palabra chippewa, "michigama", que significa "Gran Lago". Michigan foi colonizado primariamente polos franceses. A colonización francesa da rexión foi limitada, porén. A Francia cedeu Michigan ao Reino Unido en 1764. En 1783, despois do fin da Revolución Americana de 1776, Michigan pasou a facer parte dos Estados Unidos, tornándose parte do Territorio do Noroeste en 1787, un territorio independente en 1805, e elevado á categoría de estado en 26 de xaneiro de 1837.

Índice

[editar] Historia

: Vexa Historia de Michigan

[editar] Xeografía

Michigan limita ao norte co Lago Superior, a leste co Lago Huron, ao sur cos Estados americanos de Indiana e Ohio, e a oeste co Lago Michigan. A provincia canadense de Ontario está localizada ao norte, a leste e no extremo sueste de Michigan, os Estados americanos de Wisconsin e Illinois están localizados a oeste e Minnesota está localizado no noroeste de Michigan. Detroit, localizado ao norte da cidade canadense de Windsor, é a única grande cidade americana localizada ao norte dunha grande cidade canadense.

Michigan posúe o litoral máis extenso dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos, e o segundo máis extenso do país, atrás soamente do Alasca. O seu litoral mide uns 5 292 quilómetros ao longo dos Grandes Lagos (contándose preto de mil quilómetros de litoral formado por illas localizadas nestes Grandes Lagos). O Estado localízase á beira de todos os Grandes Lagos a excepción do Lago Ontario. Michigan, alén diso, posúe preto de 11 mil lagos. Ningún punto do estado está localizado a máis de 10 quilómetros dun lago calquera. Cerca de 58 mil quilómetros de ríos cortan o estado. Os bosques cobren preto da metade do estado.

Michigan está dividido en dúas grandes penínsulas, polo Estreito de Mackinac. A Península Superior é a menor das dúas penínsulas, localizada no noroeste do estado. En comparación co resto do estado, é pouco habitada, con apenas 325 mil habitantes. Por contra, a Península Inferior está moi habitada, vivindo nela cerca do 97% da poboación. Estas penínsulas só están conectadas entre si pola Ponte Mackinac.

Xeograficamente, Michigan pode ser dividido en dúas rexións:

  • A Meseta Superior cobre o extremo noroeste do Estado, ou o oeste da Península Superior. Esta rexión posúe un terreo moi accidentado. O punto máis alto do estado, o Mount Coorwood, localizase nesta rexión, cos seus 603 metros de altitude. Esta rexión é moi rica en cobre e en ferro.
  • As Planicies dos Grandes Lagos ocupan a maior parte de Michigan. Esta rexión caracterizase pola súa baixa altitude, de ata 174 metros á beira do Lago Erie. Esta rexión é rica en pantanos, ríos e lagos, e o seu solo é moito fértil.

[editar] Clima

Michigan posúe un clima temperado húmido, con catro estacións ben definidas. Os veráns son lenes debido á presenza de grandes masas de auga na rexión, en canto que os invernos son fríos. A temperatura cae á medida en que se viaxa para o norte.

No inverno, a temperatura media no inverno na rexión sur de Michigan é de -6 °C, de -9 °C na rexión central, e de -12 °C na Península Superior. A media das mínimas é de -10 °C, e a das máximas de -1 °C. Mínimas varían entre -40 °C e 8 °C, e máximas, entre -35 °C e 15 °C. A temperatura máis baixa xa rexistrada no Estado é de -46 °C, rexistrada en Vanderbilt, en 9 de febreiro de 1934.

No verán, a temperatura media é de 22 °C no extremo sur, de 20 °C na rexión central e de 18 °C na Península Superior. A media das mínimas é de 14 °C, e a media das máximas é de 26 °C. Máximas poden alcanzar ata 40 °C na rexión sur, e 34 °C na Península Superior. A temperatura máis alta xa rexistrada no Estado foi de 44 °C, rexistrada en Mio, en 13 de xullo de 1932.

A precipitación media anual de Michigan é de 80 centímetros, variando entre 95 centímetros anuais na Península Superior e no extremo suroeste do estado, ata 68 centímetros no nordeste do Estado. O sur de Michigan recebe preto de 100 centímetros de neve anualmente, en canto que a Península Superior recebe preto de 400 centímetros anuais.

[editar] Política

A actual Constitución foi adoptada en 1964. Outras máis antigas foron aprobadas en 1835, 1850 e 1908. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobada, precisa recibir ao menos o 51% do Senado e da Casa dos Representantes, e entón dous terzos dos votos da poboación electoral. A poboación do Estado tamén pode propor emendas á Constitución a través da recollida dun certo número de sinaturas. Cando esta proposta asinada é aceptada polo goberno, para ser aprobada, precisa recibir aprobación de ao menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo de Michigan, e entón ao menos 51% dos votos en referendo. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir ao menos 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.

O principal oficial do Poder Executivo en Michigan é o gobernador. Este é electo por mandatos de 4 anos. Unha persoa pode ser exercer apenas dúas veces o cargo de gobernador. Outros oficiais do executivo que son escollidos polo gobernador - Tesoureiro, Secretario de Estado, Tenente Gobernador (vice-gobernador), tamén serven en termos de no máximo 4 anos. Como o gobernador, poden exerceren apenas dúas veces.

O Poder Lexislativo de Michigan consta do Senado e da Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 38 membros, en canto que a Casa dos Representantes posúe un total de 110 membros. Michigan está dividido en 38 distritos senatoriais e 110 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen a un senador/representante. O termo dos senadores é de 4 anos e o termo dos representantes é de 2 anos.

O tribunal máis alto do Poder Xudicial é o Tribunal Supremo de Michigan. Os oito xuíces do Tribunal Supremo son electos pola poboación do estado para mandatos de 8 anos. O segundo maior tribunal de Michigan é o Court of Appeals, composta por sete xuíces, 4 tribunais distritais e 57 tribunais rexionais.

Michigan está dividido en 83 condados. Estes condados, pola súa vez, están divididos en municipalidades (townships). Máis da metade do orzamento do estado provén de impostos estadais; o resto vén do goberno nacional.

[editar] Demografía

Crecemento populacional de Michigan
Ano Habitantes
1800 3 757
1810 4 762
1820 8 896
1830 31 639
1840 212 267
1850 397 654
1860 749 113
1870 1 184 059
1880 1 636 937
1890 2 093 890
1900 2 420 982
Ano Habitantes
1910 2 810 173
1920 3 668 412
1930 4 842 325
1940 5 256 106
1950 6 371 766
1960 7 823 194
1970 8 881 826
1980 9 262 078
1990 9 328 784
2000 9 938 444

De acordo co censo nacional de 2000, a poboación de Michigan en 2000 era de 9 938 444 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 aumenta este número para 10 112 620. Deles, un 5,9% (594 700 habitantes) non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do Estado son canadenses, mexicanos, indianos e iraquianos. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu un 7%; e entre 1990 e 2004, 8,8%.

Cerca do 82% da poboación vive en 9 rexións metropolitanas. Estas rexións metropolitanas son Ann Arbor, Benton Harbor, Detroit, Flint, Grand Rapids-Muskegon-Holland, Jackson, Kalamazoo-Battle Creek, Lansing-East Lansing e Saginaw-Bay City-Midland.

A maior parte da poboación habita a Península Inferior de Michigan. A densidade populacional media é de 17 habitantes por quilometro cadrado. Porén, na Península Inferior, esta media é de 230. Xa na Península superior, a densidade media é de apenas 8 hab./km².

[editar] Etnias

As cinco maiores etnias do Estado son alemáns (que forman 20,4% da poboación do estado), afroamericanos (14,2%) irlandeses (10,7%), ingleses (9,9%) e poloneses (8,6%). Outras etnias minoritarias son franceses, neerlandeses e italianos. 3,3% da poboación do Estado son hispánicos, categoría que pode incluír membros de calquera raza.

Os americanos de descendencia alemá están presentes en todas as rexións. escandinavos (especialmente finlandeses), británicos e franceses posúen unha notábel presenza na Península Superior. No oeste do Estado coñécese a orixe neerlandesa de moitos dos seus habitantes. Michigan posúe a maior concentración de neerlandeses de calquera estado americano. A rexión metropolitana de Detroit posúe moitos habitantes de descendencia polonesa, irlandesa, italiana e árabe. Os afroamericanos son maioría na cidade de Detroit.

[editar] Relixión

Porcentaxe da poboación de Michigan por relixión

[editar] Principais cidades

Cerca de 75% da poboación de Michigan vive en áreas urbanas. O restante vive en áreas rurais.

Outras importantes cidades son:

[editar] Economía

O produto interno bruto de Michigan foi de 365.000 millóns de dólares. A renda per capita do Estado, pola súa vez, foi de 31.178 dólares, o vixésimo maior do país.

O sector primario representa o 1% do PIB de Michigan. O Estado posúe 52 mil facendas, que ocupan preto de 35% do Estado. A agricultura e a pecuaria representan xuntas o 0,92% do PIB, e empregan aproximadamente 128 mil persoas. Michigan é un líder nacional da industria agropecuaria. Os principais produtos agropecuarios producidos no Estado son trigo, soia, mazá, millo, bovinos - carne e leite. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,08% e empregan aproximadamente a 4 mil persoas.

O sector secundario representa o 32% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no Estado é de 96 000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no Estado son automóbiles, camións, ómnibus, maquinaria e produtos químicos. Detroit é un dos maiores pólos da industria automobilística do mundo, feito que lle rendeu o cognome de A Capital do Automóbil. O Estado produce máis coches, camións e ómnibus que calquera outro Estado americano. A industria de manufactura representa o 26% do PIB, empregando aproximadamente 1 millón de persoas. A industria de construción representa o 5% do PIB e emprega aproximadamente 300 mil persoas. O 2% do PIB provén da xeración de electricidade, sector que emprega preto de 35 mil persoas. O 70% da electricidade é producida en centrais de carbón, e o restante en centrais de gas natural ou en hidroeléctricas. A minería representa o 1% do PIB, empregando preto de 14 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos no Estado son ferro, gas natural, petróleo e cobre.

O sector terciario representa o 67% do PIB. Cerca de 20% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a máis de 1 millón de persoas. O comercio por atacado e varexo representa o 17% do PIB, e emprega aproximadamente a 1,3 millón de persoas. Finanzas responden por máis de 14% do PIB, empregando aproximadamente a 375 mil persoas. O comercio de Michigan é axudado polo turismo, que se tornou unha fonte de renda importante a partir da década de 1960. Os servizos gobernamentais representan un 10% do PIB, empregando aproximadamente 680 mil persoas. Transportes e telecomunicacións empregan 175 mil persoas, e representan un 5% do PIB.

[editar] Educación

Interior da biblioteca da faculdade de dereito da Universidade de Michigan.

As primeiras escolas de Michigan foron fundadas por misioneiros católicos franceses, durante o século XVII, co intento de converter os indíxenas da rexión ao catolicismo e asimilar estes indíxenas á cultura occidental. As primeiras escolas públicas vo foron fundadas en 1798. En 1827, o estado aprobou unha lei que facía obrigatoria a criación dun sistema escolar público en toda municipalidade do estado. Inicialmente, estes sistemas escolares eran fundados polas municipalidades. A partir de 1837, o estado pasou a fornecer regularmente orzamento á estes sistemas escolares públicos.

Actualmente, o Consello de Educación de Michigan dita regras e padróns para todas as insticións educativas do Estado. Cada cidade, municipalidade ou condado administra os seus propios distritos escolares. Estes distritos escolares administran as escolas localizadas dentro do distrito, e receben ingresos primariamente a través de impostos na cidade ou condado, e mais do goberno estadal. Todos os nenos entre 6 a 16 anos deben asistir á escola.

A primeira biblioteca pública de Michigan foi fundada en 1828, en Detroit. Michigan posúe preto de 50 universidades, 30 faculdades comunitarias e 10 seminarios e escolas politécnicas. As principais institucións de educación superior do Estado son a Universidade de Michigan e a Universidade Estatal de Michigan

[editar] Transportes e telecomunicacións

Interior do Canal de Soo.

Michigan posúe preto de 200 mil quilómetros de estradas e autoestradas. A Ponte Mackinac é o único medio de acceso directo entre a Península Superior e a Península Inferior de Michigan. Esta ponte é a terceira ponte de suspensión máis longa do mundo, cos seus 8 quilómetros de lonxitude. Detroit é o principal pólo ferroviario, viario, aeroportuario e portuario do estado.

O portos con máis movemento do Estado é o porto de Detroit. Outro centro portuario importante é Sault Ste. Marie. Estes portos son importantes para o transporte de mineiros extraídos no interior e na Península Superior de Michigan, ben como automóbiles, camións e vehículos producidos na rexión metropolitana de Detroit, para outras rexións. O Canal de Soo conectan o Lago Superior cos demais Grandes Lagos.

Seis compañías ferroviarias fornecen servizo de transporte de carga a través de ferrovías, e dúas ofrecen servizo de transporte de pasaxeiros. O aeroporto con máis tráfico é o Aeroporto Metropolitano de Detroit.

Publícanse en Michigan preto de 400 xornais (dos cales preto de 50 son diarios), e 350 periódicos. O estado posúe preto de 300 emisoras de radio, 30 de televisión e outras 40 de televisión por cable.

[editar] Artigos relacionados

[editar] Ligazóns Externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas