Lago Michigan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solpor no Lago Michigan

O Lago Michigan é un dos cinco Grandes Lagos da América do Norte. Está rodeado, en sentido horario a partir do sur, polos Estados de Indiana, Illinois, Wisconsin, e Míchigan, cuxo nome deriva do lago.

Características[editar | editar a fonte]

O lago Michigan é o único dos Grandes Lagos completamente dentro das fronteiras dos EUA; os outros catro están compartidos co Canadá.

Cunha superficie de 57.750 km2, é o maior lago de auga doce nos EUA, e o quinto no mundo. O seu punto máis profundo alcanza os 281 m e contén un volume de cerca de 4.918 km3 de auga. A súa superficie fica a 580 pés sobre o nivel do mar, o mesmo que o lago Hurón, co que está unido a través dos estreitos de Mackinac. Xeoloxicamente, o Michigan e o Hurón forman unha única masa de auga.

Area e herbas da praia

Cidades[editar | editar a fonte]

As cidades con máis de 30.000 habitantes nas marxes do lago Michigan son:

Cerca de 12 millóns de persoas viven ao redor do lago Michigan, cuxo extremo sur está densamente industrializado.

As praias do lago Michigan, especialmente as praias do oeste do estado de Michigan e do norte de Indiana, son famosas pola súa beleza. A area é suave e branca, e é frecuente encontrar altas dunas de area cobertas con herba e [rambling sand cherries] e a auga é fresca e sorprendentemente límpida. Desde a maioría das praias de Michigan non é posíbel distinguir o estado de Winsconsin, do outro lado do lago.

Nas marxes do lago están localizados algúns parques naturais, como o Sleeping Bear Dunes National Lakeshore e Indiana Dunes National Lakeshore. Parte das marxes pertencen tamén ás reservas de Hiawatha National Forest e Manistee National Forest. Parte do Michigan Islands National Wildlife Refuge está localizado no lago Michigan.

As augas do Lago Michigan desembocan no Lago Huron, polo estreito de Mackinac, e é parte da Hidrovía dos Grandes Lagos.

Quen viaxe con coche e desexe atravesar o lago Michigan, pode facelo a través do servizo de ferries que opera entre Ludington, Michigan e Manitowoc, Wisconsin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]