Camión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camións aparcados.

Un camión é un vehículo motorizado para o transporte de bens. A diferenza dos coches, que adoitan ter unha construción monocasco, moitos dos camións constrúense arredor dunha estrutura resistente chamada chasis. A maioría están formados por un chasis portante, xeralmente un marco estrutural, unha cabina e unha estrutura para transportar a carga.

Hai camións de moitos tamaños e de todo tipo, dende camións pequenos ata os trens de estrada, pasando polos camións todoterreo de 200 toneladas usados na minería.

Os camións foron especializándose e tomando unha serie de características propias do traballo a realizar. Nunha evolución dunha simple caixa á forma máis adecuada á materia que se transporta; perigosas, líquidas, refrixeradas, en continuo movemento que impida o fraguado, abertos, pechados, con guindastre etc.

No eixo traseiro acostuman posuír xogos dobres de roda e incluso algúns posúen dobre eixo traseiro.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camión