Territorio do Noroeste
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Territorio do Noroeste (en inglés Northwest Territory), foi un territorio dos Estados Unidos de América, anexionado como parte do acordo que puxo fin á Revolución Americana de 1776. Creouse oficialmente no Congreso Estadounidense o 13 de xullo de 1787. Na súa orixe, estendíase polos actuais estados de Ohio, Indiana, Illinois, Michigan e Wisconsin, así como polo leste de Minnesota. A rexión tiña máis de 260.000 quilómetros cadrados.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |