Metamorfose (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, a metamorfose era un medio habitual dos deuses para interviren na vida dos mortais, pero tamén a causa dunha forte reflexión filosófica sobre a reencarnación e a migración das almas: no libro Timeo de Platón, o primeiro nacemento humano é unha acción do demiúrgo, pero as súas existencias posteriores dependen soamente do comportamento que rexese nas ánimas anteriores: as aves son a reencarnación dos homes sen maldade, os réptiles e vermes son a dos imbéciles e as mulleres a son dos covardes.

Tres séculos despois reaparece o tema na literatura que chegou aos nosos días: Metamorfoses de Publio Ovidio Nasón (século I a.C.) son un extenso poema de máis de 12.000 hexámetros e reúnen os relatos de numerosos mitógrafos gregos anteriores nunha colección de lendas etiolóxicas clasificadas cronoloxicamente dende o Caos orixinario ata a época de Augusto, incluíndo tamén a do propio César, metamorfoseado en astro. Nas de Apuleio, do século anterior e tamén chamadas O asno de ouro [1], a transformación é o tema central do relato fantástico: Lucio, fascinado pola maxia, transfórmase en asno, e será necesaria a actuación da deusa exipcia Isis para recuperar a forma orixinal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver sección: "O burro na literatura", en Burro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martin, René (1992): Dictionnaire culturel de la mythologie gréco-romaine. Paris: Éditions Nathan.
  • Palés Castro, Marisol & Villar Rodríguez, Celia (1998): Diccionario de mitología clásica. Madrid: Editorial Espasa.