Foca común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foca común

A foca común (Phoca vitulina) é unha especie de mamífero pinnípede da familia dos fócidos que habita ao longo do litoral dos mares mornos e fríos do hemisferio norte. Áchase nas augas costeiras do norte do Atlántico e do Pacífico, como tamén no Mar Báltico e mais no Mar do Norte, o que a converte na especie máis amplamente distribuída da orde dos pinnípedes, onde tamén se inclúen especies tal que a morsa ou o otario.

A poboación mundial é de entre 400.000 e 500.000 exemplares, estando ameazadas as subespecies en certos hábitats. A caza de focas, unha práctica común no pasado, é agora considerada ilegal en moitos países con poboacións de foca común dentro dos seus territorios.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]